Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2007
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Fiando Verde
Revista Cos Pés na Terra
 
galizanonsevende
bicis
 
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
ecotv
nadal2008
Nova explotación hidroeléctrica en Chandrexa de Queixa (Ourense) PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 29 de Marzo do 2008

foto.php.jpg Tristemente temos que retomar un tema xa tratado noutra nota de prensa, xa que a empresa "Hidroeléctrica del río Grande, S.L." presentou unha modificación do seu proxecto orixinal, que saíu a información pública o 12 de marzo de 2008.

Desta volta, o estudo de impacto ambiental é absolutamente espeluznante. Preténdese que, para unha zona como Chandrexa de Queixa, é positivo facer este aproveitamente, xa que a xente ten unha renda per cápita moi baixa e entón a solución é que Hidroeléctrica del río Grande S.L. faga a presa, porque así o alcalde, que ten o 10% do capital social da empresa, repartirá os beneficios entre todos os veciños. Este argumento, que nos pode dar a risa, xa foi utilizado no proxecto orixinal e outra volta volven dicirnos que é a única solución que ten a xente de alí para vivir.

Non esquezamos que esta central e as presas estarán practicamente no superencoro que hai en Chandrexa de Queixa, un dos máis grandes da zona. Se este superencoro non fixou poboación en Chandrexa de Queixa, non vemos como vai facelo esta explotación tan pequena. O máis grave de todo é que afecta a zona LIC (Lugar de Interese Comunitario), a zona ZEPVN (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais), está aproximadamente a 5 quilómetros do Parque Natural do Invernadoiro, e forma parte da Rede Natura 2000. A afectación sería total: fauna, flora, paisaxe... tanto na fase de construción como na fase de explotación.  

Verdegaia non comprende como, cunha teórica política de protección de espazos con valores naturais importantes, se pode permitir que un proxecto deste tipo siga adiante. Esperamos que a partir das alegacións de Verdegaia e doutros grupos ecoloxistas, e da chamada de atención que supón esta nota de prensa, os/as responsables reflexionen e dean marcha atrás antes de destruír unha das zonas coa maior biodiversidade de toda Galicia.
 
Advertisement
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
10 preguntas
4x4
trafego
exposicion
Próximos eventos
Exposición sobre a pegada ecolóxica na Facultade de Medicina de Santiago
Decembro 29, 2008 - Xaneiro 16, 2009
En datas recentes
Sesión de curtas sobre consumo en Vigo
Decembro 23, 2008

Ver calendario completo
Sindicación
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top