|
Verdegaia, a coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificacióna e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, poñen conxuntamente en marcha por segundo ano consecutivo un Programa de préstamo de bicicletas dirixido aos membros da comunidade universitaria tanto no campus de Lugo coma no de Santiago.
O programa de préstamo
de bicicletas servirá de exemplo para demostrar a viabilidade
da bicicleta coma modo de transporte permitindo que 300 persoas da
comunidade universitaria, tanto estudiantes como persoal de
administración e servicios como persoal docente e investigador
teñan acceso a unha bicicleta durante os meses que dure a
campaña. Igualmente, servirá para estudar as
particularidades do seu uso no entorno de ambas cidades e para
propoñer cambios que faciliten a súa implantación
O número de
solicitudes foi de 421 entre os campus de Santiago e Lugo das que 387
corresponden a peticións de estudantes, 20 a Persoal Docente e
Investigador e 14 a Persoal de Administración e Servicios. As
persoas que foron seleccionadas terán unha bici durante 3
meses. A cada ciclousuario entregaráselle, ademais da
bicicleta, un cadeado e un chaleco reflectinte. Tamén
recibirán un folleto informativo, deseñado por Verdegaia, onde aparecen recollidas recomendación básicas
sobre seguridade vial á hora de desprazarse coa bicicleta
polas cidades. Os seleccionados poderán participar en
diferentes actividades formativas organizadas por o Plan de
Desenvolvemento Sostible en colaboración con Verdegaia e
relacionadas coa boa condución e arranxo das bicicletas. Tamén
se difundirán entre os participantes os roteiros en bicicleta
que organiza a Área de Deportes da USC.
No
momento da entrega, os seleccionados deberán cumprimentar unha
breve enquisa inicial onde se lles preguntará sobre os seus
hábitos de mobilidade e que xunto coa que se cubrirá ao
final do Programa permitirá avaliar a satisfacción dos
usuarios, detectar cambios nos seus hábitos de mobilidade,
rexistrar problemas atopados no uso das bicicletas... As enquisas
realizadas durante a campaña de préstamo do ano 2007
indicaban que o programa de préstamo contribuiu a cambiar os
hábitos dos participantes entre os que o emprego da bicicleta
diariamente ou case diariamente aumentou considerablemente. En
Santiago pasou dun 32,5% a un 63,9% e en Lugo dun 16,8%
a un 36,9% á vez que se rexistraban datos de
disminución do uso do coche.
|