|
Este filme de Micha X. Peled. que se proxectará o mércores
26 de marzo ás 20:30h. adéntranos nunha fábrica de “tejanos” onde dous mozos,
Jasmine e Orchid, intentan sobrevivir ás difíciles condicións laborais.
Dende os diferentes
chanzos da xerarquía da empresa, o filme móstranos os complexo problemas dun
mundo globalizado, ó mesmo tempo que nos facilita un informe actualizado e
alarmante sobre as presións económicas que instauran as compañías occidentais e
as súas consecuencias humanas.
Contaremos coa presenza
de Fernando Couñago, directora de Amarante e coordinadora da campaña “Roupa
limpa” en Galicia.
Ó longo de todo o ciclo
do cine-fórum iremos poñendo nesta web resumos dos filmes que se van proxectar,
pero valla como adianto a programación:
9 de abril Xares,
o río que nos leva (Pedro Prada, Galicia, 2007)
23 de abril La
pesadilla de Darwin (Hubert Sauper, USA, 2004)
7 de maio Memoria
del saqueo (Fernando “Pino” Sólanas, Arxentina, 2003)
21 de maio Surplus,
consumidores aterrorizados (Erik Gandini, Suecia, 2003)
4 de xuño As
Encrobas. A ceo aberto (Xosé Bocixa, Galicia, 2007)
|