Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ourense arrow Ciclo de cine-fórum sustentábel no local de Amarante e Verdegaia en Ourense  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Ciclo de cine-fórum sustentábel no local de Amarante e Verdegaia en Ourense PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 de Marzo do 2008

O día 26 de marzo comeza no local social de Amarante e Verdegaia un ciclo de cine-fórum sustentábel no que se emitirá un filme cada dúas semanas até 4 de xuño.

cartaz_cineforo_sustentable_ourense_2008.jpg

Este ciclo ten como centro a sustentabilidade, tanto desde o estrito punto de vista social e humano como desde o punto de vista ambiental.

O mércores de cada dúas semanas emitirase un filme ás 20:30 con entrada libre no local social de Amarante e Verdegaia. Ademais, contaremos coa presenza de relatores para falarnos do tema central do filme emitido ese día ou promoverase un debate ao final da proxección.

Esta é a primeira grande actividade conxunta entre as dúas asociacións que se realiza en Ourense logo da apertura do local social que compartimos, a raíz da asinatura do acordo de colaboración.

O día 25 de marzo terá lugar unha rolda de prensa ás 12:30 no local para dar máis detalles das proxeccións que se realizarán.

 

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top