|
Verdegaia celebrou Sábado 15 de Marzo, en Vigo, a súa II Asemblea Xeral, na que, ademais de debater e aprobar informes, planos e orzamentos, procedeu a renovar a súa Comisión Coordenadora Xeral. A II Asemblea Xeral de Verdegaia estivo caracterizada polo debate tranquilo e ten como nova máis destacábel a renovación do seu máximo órgao de goberno entre asembleas, a Comisión Coordenadora Xeral.
A
Comisión Coordenadora Xeral está integrada polas cinco
persoas que compoñen a Comisión Permanente, @s
responsábeis de Área de Traballo e un representante de
cada Núcleo Comarcal. Comisión Permanente e
Responsabilidades de Área foron renovadas nesta asemblea
ficando como segue:
|
Nome
|
Comisión
Permanente
|
Áreas
de Traballo
|
|
Sonia Couso
|
Coordenadora Xeral
|
|
|
Begoña Carrera Ríos
|
Vicecoordenadora Xeral
|
|
|
Xosé Maria Garcia
|
Secretario Xeral
|
Paz e Globalización
|
|
Diego R. Vieites
|
Vicesecretario Xeral
|
Biodiversidade e Territorio
|
|
Xan Duro
|
Tesoureiro
|
Enerxía e Transporte
|
|
Miguel Pardellas
|
Educación Ambiental
|
|
Óscar Freire
|
Forestal
|
|
Antón Fortuna
|
Litoral
|
|
Paula Lubián
|
Resíduos
|
Xan
Duro, Coordenador Xeral de Verdegaia ao longo destes dous primeiros
anos de vida da asociación, deixa este posto de
responsabilidade para se ocupar da Tesouraría, asumindo a
coordenación xeral de Verdegaia Sonia Couso. As Áreas
de Traballo de Litoral e Residuos son de nova criación. A
renovación da Comisión Coordenadora Xeral será
completada coa das Comisións Coordenadoras Comarcais (nestes
momentos 4: Ferrol, Compostela, Vigo e Ourense).
A
II Asemblea Xeral de Verdegaia, ademais, debateu e aprobou os
informes de organización, actividades e económico do
período 2007-2008 e Plano de Comunicación e Formación,
Plano de Traballo, Plano de Xeración de Fundos e Orzamentos
2008-2009.
|