Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ourense arrow "Unha lousa sobre O Courel" en Ourense  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
"Unha lousa sobre O Courel" en Ourense PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 de Marzo do 2008

Verdegaia e o Cine Clube Padre Feijoo presentan o vindeiro mércores día 12 de Marzo ás 20:30 horas no Salón de Actos da Biblioteca Pública (Rúa do Concello 11) “Unha lousa sobre o Courel", coa presenza de Mabel Ribera e Henrique Banet. "Unha lousa sobre o Courel" é un traballo documental que recolle a problemática xurdida en torno ás canteiras de lousa que ameazan con destruír un dos lugares máis emblemáticos de Galicia, para convertelo nunha zona mineira de explotación duns recursos esgotables a curto ou medio prazo. A cambio, estánse a hipotecar outras posibilidades de futuro sustentable para esa comarca, como sería  a creación dun Parque Natural que protexese e puxese en valor a zona con maior biodiversidade de Galicia.

Gracias ao silencio (ou á manipulación) dos medios, á colaboración dos políticos e á actividade empresarial máis depredadora, conseguíuse que os escasos habitantes do Courel contemplen a canteira da Campa (no concello de Folgoso)  como a súa única posibilidade de emprego,  ao tempo que se foi instalando entre a poboación a idea de que un Parque Natural traería coutos de caza só para ricos “de Madrid”, mentres que outras actividades tradicionais como a gandería e a agricultura se verían limitadas, ou mesmo prohibidas. O resultado é unha poboación dividida entre os que están a favor da canteira e os que se mostran a favor do Parque Natural. Existe gran desconfianza e medo a falar abertamente destas dúas fontes de ingresos: a canteira, co seu durísimo traballo, o seu inmenso custo ambiental e o seu tempo de explotación limitado; e o Parque Natural como alternativa  de sustentabilidade e permanencia.

A gran desinformación que se foi tecendo en torno a esta situación está sendo contestada por grupos de veciños que queren defender, por riba de todo, os valores culturais do Courel e crear para os seus habitantes postos de traballo de calidade e que garantan o futuro do inmenso legado recibido dos seus antergos.
Este traballo documental ten por obxectivo dar a coñecer esta situación, crear debate entre a cidadanía e procurar un posicionamento claro en defensa do noso patrimonio cultural e medioambiental. Nel participan prestixiosos científicos e colaboradores que  non dubidaron en dar a cara en defensa do que nos pertence a tod@s.

Namche Films está formada por Henrique Banet, director de fotografía pola E.O.C. e realizador de televisión, que se encargou da dirección, edición e cámara. Colabora no guión coa actriz Mabel Rivera, quen tamén se encargou da produción executiva, documentación e voz en off.
 

Unha lousa sobre o Courel é o segundo traballo dunha serie iniciada con O Salario do Silencio. Producido tamén de maneira independente, sen ningún tipo de subvención, está orientado ao mercado do DVD. Ofrécese en dobre versión (galego e español), e os beneficios da súa venda irán destinados a axudar á Asociación Ecolóxico-Cultural SOS-Courel  na súa loita pola conservación dun patrimonio único e irrepetible do que nos sentimos partícipes.

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top