Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia recomenda aos políticos galegos que vaian ver "Unha verdade incómoda" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 de Novembro do 2006
Verdegaia recomenda publicamente aos políticos galegos que unaverdadincomoda.jpgacudan a ver o documental sobre o cambio climático “Unha verdade incómoda”, dirixido por Davis Guggenheim e protagonizado polo ex-vicepresidente dos EEUU Al Gore. Agarda que iso contribúa a que o cambio climático deixe de estar ausente da axenda política galega. O filme estrouse en Galicia o 3 de novembro e axuda a entender por que a cuestión do cambio climático é tan importante para o presente e o futuro da Humanidade.

 

Todas as forzas políticas suspenden en cambio climático. As políticas de Concellos, Xunta e Goberno central explican que as emisións que provocan o cambio climático medrasen un 37% en Galicia entre 1990 e 2004, fronte ao descenso do 7 % na UE. Galicia contribúe a que España sexa o estado máis afastado do cumprimento do Protocolo de Quioto.

O documental “Unha verdade incómoda" baséase nunha conferencia de Al Gore na que se explica de forma didáctica a ameaza que representa o cambio climático para o presente e o futuro da Humanidade. Loxicamente, Galicia non é allea a este problema. Aínda que poida parecer chocante, o noso país áchase entre os que presentan maiores emisións por habitante de Europa e do mundo. Ademais, sitúase na Península Ibérica que, segundo as proxeccións científicas, sería unha das zonas de Europa que se vería negativamente máis afectada polo cambio climático.

As centrais térmicas e o transporte son as principais fontes de emisión de gases causantes do cambio climático na nosa terra. Porén, ningunha das principais forzas políticas galegas defende restricións fortes nos dereitos de emisión de dióxido de carbono (CO2) das centrais térmicas galegas, sendo a das Pontes a maior “fábrica de cambio climático” da Península Ibérica. Tampouco ningún partido ten en conta seriamente a cuestión do cambio climático á hora de se posicionar en temas de transporte e infraestruturas, polo que non é estraño que as emisións do sector do transporte medrasen en Galicia nun 70% entre 1990 e 2002, cando no conxunto de Europa o aumento foi inferior ao 25%.

No seu documento “Cara a unha Galicia sustentable”, Verdegaia propón como un dos dez eixos principais de accións, “actuar fronte ao cambio climático”. A Estratexia Europea de Desenvolvemento Sustentable (EEDS) afirma que a loita contra o cambio climático “proporciona oportunidades socioeconónicas importantes, contribuíndo para atenuar outras tendencias de carácter non sustentable”, por exemplo, a través da redución do consumo enerxético. Actuar fronte ao cambio climático é unha necesidade socioeconómica, unha prioridade política e un imperativo moral.

Máis información:

Web oficial española de "Unha verdade incómoda"

Web sobre enerxía e cambio climático de Verdegaia

 

 

 

 
   Home  Print  @ Contact Top