Inicio arrow Verdegaia - Vigo arrow Verdegaia denuncia que continúan as agresións ao LIC das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Verdegaia denuncia que continúan as agresións ao LIC das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 26 de February do 2008

Verdegaia quere denunciar que, lonxe de finalizar, están a aumentar as agresións ambientais no LIC das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. 

Na barreira do Cerquido, situada en SRPEN  (Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais), logo de ter sido excluída da Rede Natura no ano 2004, realizáronse recentemente novos aterramentos que acabaron cunha das últimas poboacións de orballiña (Drosera rotundifolia), pequena planta carnívora característica das turbeiras, hábitat de interese comunitario segundo a Directiva Hábitats da UE. Esta acción tamén acabou con boa parte da  vexetación existente nesta barreira do Cerquido, que é un hábitat prioritario para a conservación das poboación de sapoconcho (Emys orbicularis) no LIC. Esta especie esta incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas coma EN PERIGO, polo que as accións que destrúan o seu hábitat son ilegais e suxeitas a multas cuantiosas.

Por outra banda, o muro ilegal que está a realizar a empresa Transportes Marsou, despois de ter talado e aterrado unha zona de mato e outra de bosque de ribeira, hábitat de interese prioritario segundo a Directiva Hábitats da U.E., tamén en SRPEN  e até o ano 2004 dentro da Rede Natura 2000, segue a ser cada día máis grande, sen que o Concello do Porriño faga absolutamente nada por deter esta ilegalidade que xa foi denunciada no xulgado.

Ademais, os paneis do roteiro autoguiado que existe neste LIC foron tiroteados recentemente por descoñecidos, nunha zona na que está prohibida a caza. 

 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Xuntanzas
Contacto
Tertulias Verdegaia
Ribeiras do Louro
A Ría Non se Vende
VigoTroca
   Home  Print  @ Contact Top