|
Retomando as boas vibracións nas Xornadas de Agroecoloxía do ano pasado,
Amarante, A Esmorga, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia decidimos apostar de
novo pola difusión da agroecoloxía como forma de vida alternativa aos círculos
comerciais actuais, tanto para consumidoras como para produtoras.
A nosa intención é achegar un pouco máis a toda a cidadanía ourensá as
propostas existentes ou as que están en proceso de constitución dentro do campo
agroecolóxico. Para iso propomos 15 días de diversas actividades que nos sirvan
para nos aproximar máis ao mundo da agricultura e a pecuaria ecolóxicas.
Queremos resaltar da agroecoloxía o seu potencial transformador a respecto
da sociedade onde vivimos, xa que implica actuarmos de forma activa contra os
modelos de produción capitalistas, mudarmos as relacións meramente comerciais
por outras que implican tamén a confianza entre produtora e consumidora,
boicotarmos de feito as grandes superficies comerciais para poterciarmos as
pequenas vendedoras locais, criarmos redes de consumo e distribución
alternativas ás empresas distribuidoras (puramente lucrativas como
intermediarias do proceso de intercambio).
Propomos, polo tanto, unha serie de palestras, mesas redondas, video-fórums
e actividades formativas e musicais para nos achegarmos máis a este mundo e
facérmonos máis partícipes del.
Máis información: www.agrourense.info
|