|
Verdegaia manifestouse en maio de 2007 en Mariñamansa por causa das
chemineas ilegais que Mercadona colocou nunha zona verde e de ocio e entre os
edificios, que ía expulsar directamente ás casas dos/as veciños/as todos os
fumes do supermercado e do aparcamento soterrado.
Noutra Xunta de Goberno decidiron que a modificación do trazado debía
consistir en retirar as chemineas, meter os condutos baixo unha capa vexetal
nesa zona verde e situar os condutos de saída xusto enriba da entrada de
Mercadona, por ser un sitio máis aberto e de paso. Esta votación foi aprobada
por unanimidade e o novo trazado dos condutos aceptada polos/as veciños/as.
Cando remata o prazo para
facelo, curiosamente dinlle ós/ás afectados/as que non se van retirar esas
chemineas, é dicir, non se vai cumprir a sentenza nin as decisións tomadas en
Xunta de Goberno.
Os/as veciños/as,
loxicamente, pedíronlle explicacións á responsable de urbanismo, Áurea Soto. A
concelleira non deu ningunha explicación razonable segundo os/as veciños.
Verdegaia denuncia o
incumprimento da sentenza e esixe que o actual goberno municipal, en particular
Áurea Soto, concelleira de Urbanismo, explique publicamente que motivos de peso
poden facer mudar o rumbo dunha sentenza aceptada e de dúas Xuntas de Goberno,
xustamente cando acaba o prazo para retirar as chemineas.
Verdegaia quere tamén
manifestar publicamente o seu apoio ós/ás veciños/as que seguen loitando
legalmente, eles si, contra esta ilegalidade desde o punto de vista urbanístico
e medioambiental.
|