Inicio arrow Sustentabilidade arrow A Economía Alternativa: Xornadas na Coruña e Lugo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
A Economía Alternativa: Xornadas na Coruña e Lugo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 de Febreiro do 2008

xornadas_economias_sostibles.jpgNa procura de afondar nos procesos como as moedas alternativas, as redes de troco e aquelas iniciativas que recuperen a centralidade das persoas dentro dun proceso económico alternativo que aposte polo local e polas redes sociais na vindeira semana celébranse dúas xornadas. As Xornadas "Creando Economías Sostíbeis" na Coruña e as IV Xornadas de Economía Alternativa en Lugo, nas que participa Verdegaia presentando a experiencia dos trocos. 

 

Xornadas CREANDO ECONOMÍAS SOSTIBLES
A Coruña, 28 e 29 de febreiro de 2008

Xoves 28 - 20:30 h.

Charla: 'Moedas Complementarias: Tecnoloxías para un mundo máis Xusto e Responsable' e 'Unha experiencia práctica da posta en marcha do primeiro Banco de Tempo de Londres'.

Stefania Strega-Scoz: coordinadora da Academia de Permacultura "Nodo Espiral España" e activista en Moedas Complementarias; ver CV completo.

Venres 29 - 20:30 h.

Xuntanza de Troco. Coa participación de Javi (do CSA 'A Cova dos Ratos', proxecto integrante da rede VigoTroca) e de integrantes da Rede de Troco da Coruña e de Invisíbeis.

Como remate, celebrarase unha cea compartida coas aportacións culinarias das/dos asistentes.

Lugar: Centro Social "Atreu" (rúa San Xosé - zona Campo da Leña/Pza. España)

Organizan: Rede de Troco da Coruña e C.S. Atreu

Colabora: A Cova da Terra

 

IV Xornada de ECONOMÍA ALTERNATIVA - III Conferencia de MOEDAS COMPLEMENTARIAS

1 de marzo. Lugo.  A Cova da Terra

INSCRIPCIÓN
Na Cova da Terra, rúa Nóreas, 12, baixo, tlf. 982230211
ou na mesma xornada.
Prezo: 3 euros (de balde para os socios da Cova da Terra).

PROGRAMA


9:45h. Recepción de participantes

10:00h. Conferencia:
"Moedas Complementarias: Tecnoloxías para un mundo máis Xusto e Responsable"
Stefania Strega-Scoz. Coordinadora da Academia de Permacultura Nodo Espiral España e activista en Monedas Complementarias.

11:15h. Proxección do documental:
"A dobre cara da moeda"

12:15h. Pausa café (con produtos de comercio xusto e ecolóxicos)

12:45h. Conferencia:
"Bancos do Tempo, dar e recibir para construir comunidades saudables" / "Implantación de bancos de tempo no rural no marco do Proxecto Equal ARCO"
Rafael Gonzales. Coordinador da Rede de Bancos de Tempo de España.
Raquel Piñeiro. Consultora da Área de Benestar Social do Grupo Proxectos.

14:15h. Xantar

16:30h. Obradoiro:
"Experiencias autoxestionadas de moedas complementarias en Galiza"
Coordinador do obradoiro: Sergio.
Coa participación de: Iago Palmeiro (Banco de Tempo e Rede de Troco de Lugo), Javi (CSA "A Cova dos Ratos" proxecto integrante da Rede VigoTroca e das moedas complementarias "fíos" e "chozos"), María López (Rede de Troco de Verdegaia) e Sergio (Rede de Troco da Coruña).

Sobre as 18:00h. farase unha pausa café

20:30h. Peche da xornada.
 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top