|
Vertido no río Arenteiro coa consecuente morte das troitas |
|
|
|
|
Thursday, 21 de February do 2008 |
|
Un membro de Verdegaia
Ourense informou hoxe de que se produciu un novo vertido no río Arenteiro que
produciu a morte de moitísimas troitas na piscifactoría da Carinza, que agora
se están retirando de alí. Verdegaia denuncia unha
vez máis a falta de control suficiente do estado dos acuíferos e de todas as
correntes de auga, que reciben día tras día vertidos de diferentes fontes e
tamén día tras día vemos como a Administración non pon solución a esta
situación.
Verdegaia reclama que se
investigue o sucedido, que se informe adecuadamente do resultado da
investigación e que a persoa ou as persoas (físicas ou xurídicas) culpables
paguen o xustiprezo polo sucedido.
Xa está ben de dar breves
noticias sobre vertidos cando agora mesmo é un dos grandes problemas que sofren
as correntes de auga no país, desde as grandes cidades ata as aldeas máis
pequenas.
Verdegaia cre que xa é
hora de que se organice o territorio non soamente no litoral, senón que se
revise o estado de todos os acuíferos para libralos de máis vertidos como este.
|