Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ourense arrow Vertido no río Arenteiro coa consecuente morte das troitas  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Vertido no río Arenteiro coa consecuente morte das troitas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 de Febreiro do 2008

Un membro de Verdegaia Ourense informou hoxe de que se produciu un novo vertido no río Arenteiro que produciu a morte de moitísimas troitas na piscifactoría da Carinza, que agora se están retirando de alí. Verdegaia denuncia unha vez máis a falta de control suficiente do estado dos acuíferos e de todas as correntes de auga, que reciben día tras día vertidos de diferentes fontes e tamén día tras día vemos como a Administración non pon solución a esta situación. 

Verdegaia reclama que se investigue o sucedido, que se informe adecuadamente do resultado da investigación e que a persoa ou as persoas (físicas ou xurídicas) culpables paguen o xustiprezo polo sucedido.

Xa está ben de dar breves noticias sobre vertidos cando agora mesmo é un dos grandes problemas que sofren as correntes de auga no país, desde as grandes cidades ata as aldeas máis pequenas.

Verdegaia cre que xa é hora de que se organice o territorio non soamente no litoral, senón que se revise o estado de todos os acuíferos para libralos de máis vertidos como este.

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top