Inicio arrow Enerxía e Cambio Climático arrow Verdegaia demanda máis potencia eólica para Galicia cunha ordenación eólica sustentábel  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Verdegaia demanda máis potencia eólica para Galicia cunha ordenación eólica sustentábel PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 31 de Maio do 2006
A asociación ecoloxista Verdegaia demanda máis potencia eólica para Galicia, muinhos3.jpgpero tamén que ésta non se siga a instalar á custa do patrimonio natural. A demanda da Xunta de maior potencia eólica para Galicia (6.500 MW no 2010) debería ir acompañada dun xiro ambientalista na ordenación eólica. Sen embargo, a lóxica produtivista parece ter continuidade na Consellería de Industria, así como a debilidade da de Medio Ambiente á hora de defender os espazos naturais, como indica a recente autorización de parques eólicos na serra do Suído. Con 80,1 kW/Km2, Galicia está á cabeza de Europa en intensidade de instalación de enerxía eólica, mais tamén en danos á natureza derivados dunha ordenación dos parques eólicos sen apenas restricións ambientais.

Galicia supera en kW eólicos/Km2 a todos os Estados da UE-25. Só Dinamarca (72,4) se achega a Galicia. Dentro do Estado español, tan só Navarra (91,7) e A Rioxa (81,2) superan a Galicia. Atinxir 6.500 MW de potencia eólica en 2010, é, en principio, desexábel, máis só cunha nova ordenación eólica. O que non sería desexábel, a xuízo de Verdegaia, é que un país pequeno como Galicia sexa, en termos absolutos, unha potencia eólica a nivel mundial durante moitos anos máis, pois iso só podería acontecer como resultado da sobreexplotación brutal do noso territorio e da concentración do desenvolvemento da enerxía eólica en poucos países.

O fracaso ambiental da "revolución eólica" en Galicia.

A “revolución eólica” en Galicia evitou que as emisións galegas e españolas de gases de efecto invernadoiro fosen aínda maiores. Sen embargo, en parte, foi un fracaso ambiental. Por unha banda, provocou danos importantes en espazos naturais de especial interese e, por outra, non ten servido para reducir a produción galega de electricidade sucia, por causa do forte aumento da demanda eléctrica galega e española nos últimos anos, propiciado polo escaso esforzo en aforro e en eficiencia. 50 dos 135 parques eólicos afectan a espazos da Rede Natura 2000 , aos que hai que sumar outros parques que afectan a zonas de alto valor ecolóxico que non son Natura 2000, coma a serra do Suído. Desde 1999 até 2004, mentres a produción eólica galega anual aumentaba de 719 a 4.195 GWh, a das centrais térmicas galegas (As Pontes, Meirama, Sabón) pasaba de 14.415 a 15.877 GWh.

Ordenación adecuada da instalación de parques eólicos....

Para corrixir este dobre fracaso, Verdegaia formula dúas demandas básicas á Xunta:

1)Que se ordene a instalación de parques eólicos de forma respectuosa co medio natural. Perante a lamentábel negativa da Consellería de Industria a establecer unha moratoria eólica en todo o país mentres non conclúe a revisión do Plano Sectorial Eólico, Verdegaia esixe que, nun prazo de tres meses, a Consellería de Industria, en coordenación coa de Medio Ambiente e con participación social, modifique o decreto autonómico que regula o aproveitamento da enerxía eólica para incorporar unha relación de zonas de interese ambiental e paisaxístico incompatíbeis coa instalación de parques eólicos, relación que non se debería limitar aos espazos da Rede Natura 2000, que cubren só o 11% do territorio. Isto é algo que xa fixeron hai tempo outras comunidades, coma Castela-A Mancha (en 1999), Navarra (1996) ou a veciña Asturias (1999).

Verdegaia considera un avanzo na boa dirección que a orde da Consellería de Industria deste ano sobre a autorización de novos parques eólicos inclúa como criterios a valorar a non afección a espazos da Rede Natura 2000 ou que conten con hábitats que deban ser obxecto de protección a xuízo da Consellería de Medio Ambiente, así como o repotenciamento dos parques existentes. Sen embargo, non pecha a porta á posibilidade de construír parques eólicos en zonas de alto valor ambiental, nin concreta estas máis alá das zonas Natura 2000. Verdegaia fará un seguemento da autorización dos novos parques e da súa posíbel afección a áreas de especial interese natural e paisaxístico.

...e menos electricidade sucia.

2) Que se promova moito máis o aforro e a eficiencia e que se desincentive e grave máis a produción eléctrica sucia en centrais térmicas. Con esta finalidade, e para, ao mesmo tempo, obter compensacións pola xeración de electricidade sucia no noso territorio, a Consellería de Economía e Facenda debe reformar o actual Imposto sobre a Contaminación Atmosférica, aumentando as taxas impositivas sobre os gases SO2 e NOX e ampliándoo ao CO2, -o principal gas causante do cambio climático-, na liña do que vén de facer o Goberno de Aragón. Alén diso, as Consellerías de Industria e de Medio Ambiente deben defender unhas asignacións moi restritivas de dereitos de emisión de CO2 para as térmicas de carbón no Plano Nacional de Dereitos de Emisión 2008-2012, en elaboración nestes momentos.

Reclamar máis potencia eólica para o noso país sen adoptar estas medidas non sería sinal de compromiso cun modelo enerxético ecolóxico sustentábel e obedecería no esencial a unha lóxica produtivista.

Comentários
Adicionar novo Busca
wow power leveling  - 9     |123.145.174.xxx |2009-11-05 09:49:49
There are wow gold 3 men in a plane. wow gold A priest,cdkey a baseball player world of warcraft power leveling and a soldier.dog clothing the pilot goes into dog clothes the cabin and tells them final fantasy gil that there wow power leveling is a weight overload 2moons power leveling on the plane cheap wow gold and they would aion kina each have to throw wedding dress one personal belonging out aoc power leveling the window to safely land. Power Leveling the priest throws flyff money out a bible and says,buy wow gold forgive me lord,Power Leveling i will last chaos gold get another one.archlord power leveling The baseball player throws a baseball power leveling out and says, aoc gold i play professional baseball,world of warcraft gold i can get maple story mesos these whenever i want.aion power leveling Now
wow power leveling  - `hdhf     |123.145.164.xxx |2010-01-12 10:22:35
Buy and or World of Warcraft power leveling and wow gold
rs   |125.41.1.xxx |2010-01-24 02:58:55
Good job, but help me please!
we provide some runescape services, like runescape gold,
runescape money,
runescape accounts. and
runescape power leveling and
runescape gold farming.
menwatches  - menwatches     |120.33.239.xxx |2010-02-09 06:55:22
men watchesis the men's only decorations.women watches are also liked by women.so,
watches sale very well.
Louis Vuitton whatches and
Omega watches are well known as brand of watches.
Escrever um comentário
Nome:
E-mail:
 
Website:
Título:
UBBCode:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
 
Por favor coloque o código anti-spam que você lê na imagem.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top