Inicio arrow Novas arrow Verdegaia organiza un roteiro polo Courel desde Santiago  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia organiza un roteiro polo Courel desde Santiago PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 de Febreiro do 2008

courel.jpgO núcleo comarcal de Verdegaia en Compostela, coa colaboración de SOS Courel, organiza un roteiro pola serra do Courel para o próximo domingo 24 de Febreiro. Ademais de desfrutar do patrimonio natural e cultural dun dos espazos naturais máis valiosos da Península, as persoas que asistan ao roteiro poderán comprobar o enorme impacto ambiental que causan no Courel as canteiras de lousa.

O roteiro discorrerá por Vilamor, Vilar e Froxán, na zona do Courel de influencia mediterránea, ao sur da canteira de lousa da Campa, polo territorio que a Xunta quere deixar fóra do futuro Parque Natural, malia que forma parte da Rede Natura 2000. O camiño a percorrer vai seguindo o curso do Lor a media ladeira. As persoas que participen no roteiro coñecerán aspectos naturais desta singular zona, así como os brutais impactos que as canteiras están a ter sobre a conca do río Lor.

O roteiro presenta un grao de dificultade media e durará unhas tres horas, incluíndo as paradas en Vilar, Castro de Vilar e no río Lor. Para participar é preciso anotarse antes do venres 22 de febreiro chamando ao teléfono 622 033 665 ou escribindo a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver O prezo é de 10 euros. A saída  será en autobús ás 9 h desde a estación de autobús de Santiago (marquesina de acceso a pasaxeiros).

Descrición do itinerario

Entraremos no Courel por Monforte - Poboa de Brollón.

A primeira aldea da Serra, o Carballal. Logo faremos unha paradiña no castro de Vilamor, preto da estrada, no medio e medio do Courel, dende onde se domina toda a bacía do Lor, dende o Cebreiro até a Ribeira Sacra. Fronte a nós, na outra beira, o inmenso cráter da canteira da Campa.

Máis abaixo, xunto á Igrexa de Vilamor, deixaremos o autobús e baixaremos un quilómetro e medio até chegarmos á ponte que cruza o río Lor.

Dende o río, hai que subir 2 quilómetros até Vilar, o tramo máis difícil da rota. Primeiro o souto, logo a aldea e no medio o museo etnográfico de Xan de Vilar, sen axudas oficiais.

Outro quilómetro e xa estamos na Capela de San Roque, tamén entramos polo Castro adiante, que fai equilibrio sobre o abismo.

Volvemos ao camiño. Logo de baixarmos 3 quilómetros, chegamos a Vitoreira (a pena do voitre), inmenso farallón vertical que cae sobre o rí­o, antigo cubil de todo "bicho alado": águias, bufos, falcóns, .... Camiño moi xusto entre a rocha e o precipicio.

Outro quilómetro, e volvemos estar no río, na praia de Froxán, na ponte de Castroportela.

Logo subiremos a modiño cincocentos metros até Froxán.

 

 
Verdegaia - Compostela
Novas
Coordenadora Comarcal A Coruña
Contacto
+ Info
   Home  Print  @ Contact Top