Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ourense arrow Verdegaia presenta o libro "Muros de silencio" en Ourense  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia presenta o libro "Muros de silencio" en Ourense PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 17 de Febreiro do 2008
O xoves 21 de febreiro ás 20:00 h. Verdegaia presentará no seu local social (Avenida da Habana, 64), o libro Muros de silencio, de Carmelo Teixeiro Menéndez, Enrique Barrera Beitía e Manuel Ángel Rodríguez Carballeira. 

Este libro trata o caso Reganosa desde o inicio ata hai poucos meses a través dun estudo exhaustivo e moi ben organizado de todo o que ocorreu desde as primeiras propostas e debates sobre esta instalación ata despois do cambio de goberno. Ademais, conta cuns anexos interesantísimos como unha compilación de declaracións previas de políticos que posteriormente cambiaron de idea sobre Reganosa e un anexo fotográfico moi completo.muros.jpg

Como moita xente sabe, a pesar do silencio dos medios de comunicación, a mediados de 2004 empezaron as obras de construción de Reganosa no interior da Ría de Ferrol, violando as normas legais de seguridade, acelerando a destrución do seu ecosistema, poñendo en cuestión a propia vida e corrompendo o funcionamento das institucións democráticas.

Lonxe de aceptar esta agresión, numerosos colectivos ferroláns, co berro de "A Ría é nosa e non de Reganosa" uníronse para derrubar os muros de silencio a favor da vida e do desenvolvemento sostible. Verdegaia ten o orgullo de ter participado tamén nesta loita desde o primeiro día da súa existencia.

Nesta presentación contaremos coa presenza de Manuel Rodríguez Carballeira, coautor do libro e presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán, así como coordinador provisional do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, posto que ocupaba o recentemente falecido Carmelo Teixeiro, tamén coautor do libro, e de Rafael Pillado, vicepresidente da A.C. Fuco Buxán e membro do Comité Cidadán, que vén participando dende hai anos na loita sindical e política en Galicia.
 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top