Inicio arrow Novas de Verdegaia-Vigo arrow A Ría Non Se Vende organiza unha cea solidaria con SOS Courel en Vigo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
A Ría Non Se Vende organiza unha cea solidaria con SOS Courel en Vigo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 de Febreiro do 2008

A Rede de colectivos A Ría Non Se Vende da que forma parte como asociación cofundadora Verdegaia-Vigo vai organizar o vindeiro sábado día 23 de febreiro unha cea solidaria con SOS Courel no Centro Social Faísca (rúa Toledo, nº9, Vigo) a partires das nove da noite. Ese mesmo día e antes de comezar a cear apresentarase o documental “Unha lousa sobre O Courel” realizado por Mabel Rivera e Enrique Banet, e a productora Namche Films.

Os bonos para asistir á cea custan quince euros máis a vontade e están á venda na Asociación Cultural Caleidoscopio, na Asociación Cultural A Revolta, no Centro Social Faísca, na tenda de comercio xusto de Amarante e na cooperativa de consumo consciente Árbore, todos eles, ubicados en Vigo. Tamén se poden mercar tamén por teléfono chamando ó 986 493 381. Ademais, haberá unha "fila cero" para a xente que quera aportar a súa aportación a SOS Courel na conta desa asociación: 2100 2183 56 0200181109.

A asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, coa axuda de todas e todos, tentou por todos os medios de parar a desfeita total do Courel. Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron, só lles quedou acudir á Xustiza. E fixérono recorrendo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño de 2007, para a canteira, "La Campa-Santa Eufemia", no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, un dos espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa. Inmediatamente, a primeiros de novembro, tiveron que recorrer tamén a licencia de actividade desta mesma canteira.

Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional á "magnitude da desfeita", na Ría Non Se Vende pensamos en organizar este acto para conseguir cartos para costear todos estes procesos xudiciais.

Se o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico da campaña de SOS Courel, utilizariámolo para a adquisición e restauración de algún anaco de souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construcción tradicional en ruínas no Courel, para uso e disfrute de todas e todos.

A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, con NIF G273624 74, con enderezo postal en "Santa Eufemia, nº32, Folgoso do Courel. 27327 Lugo" non ten ánimo de lucro, e tal e como consta nos seus estatutos debe promover todas aquela medidas que leven a acadar a "Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel".


 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Roteiros
Xuntanzas
Contacto
A Ría Non se Vende
   Home  Print  @ Contact Top