|
A Rede de colectivos A Ría Non Se Vende da que forma parte como asociación cofundadora Verdegaia-Vigo vai organizar o vindeiro sábado día 23 de febreiro unha cea solidaria con SOS Courel no Centro Social Faísca (rúa Toledo, nº9, Vigo) a partires das nove da noite. Ese mesmo día e antes de comezar a cear apresentarase o documental “Unha lousa sobre O Courel” realizado por Mabel Rivera e Enrique Banet, e a productora Namche Films.
Os bonos para asistir á cea
custan quince euros máis a vontade e están á
venda na Asociación Cultural Caleidoscopio, na Asociación
Cultural A Revolta, no Centro Social Faísca, na tenda de
comercio xusto de Amarante e na cooperativa de consumo consciente
Árbore, todos eles, ubicados en Vigo. Tamén se poden
mercar tamén por teléfono chamando ó 986 493
381. Ademais, haberá unha "fila cero" para a xente que
quera aportar a súa aportación a SOS Courel na conta
desa asociación: 2100 2183 56 0200181109.
A
asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, coa axuda de
todas e todos, tentou por todos os medios de parar a desfeita total
do Courel. Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron, só
lles quedou acudir á Xustiza. E
fixérono recorrendo ante o Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño
de 2007, para a canteira, "La Campa-Santa Eufemia", no
medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, un dos
espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa. Inmediatamente,
a primeiros de novembro, tiveron que recorrer tamén a licencia
de actividade desta mesma canteira.
Como
o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é
sempre proporcional á "magnitude da desfeita", na
Ría Non Se Vende pensamos en organizar este acto para
conseguir cartos para costear todos estes procesos xudiciais.
Se
o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico
da campaña de SOS Courel, utilizariámolo para a
adquisición e restauración de algún anaco de
souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construcción
tradicional en ruínas no Courel, para uso e disfrute de todas
e todos.
A
Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, con NIF
G273624 74, con enderezo postal en
"Santa Eufemia, nº32,
Folgoso do Courel. 27327 Lugo"
non ten ánimo de lucro, e tal e como consta nos seus estatutos
debe promover todas aquela medidas que leven a acadar a "Posta
en valor, recuperación e conservación do Patrimonio
Natural e Cultural do Courel".
|