Inicio arrow Enerxía e Cambio Climático arrow As emisións de gases de efecto invernadoiro en Galiza aumentaron nun 45,9% dende 1990  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
As emisións de gases de efecto invernadoiro en Galiza aumentaron nun 45,9% dende 1990 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 de Maio do 2006
aspontes.jpgNo ano 2005, o primeiro no que se aplicou na UE o comercio de dereitos de emisión de dióxido de carbono (CO2) a algúns sectores industriais, as emisións galegas de gases que provocan o cambio climático subiron o 8,6%. Isto supón que o aumento das emisións galegas entre 1990 e 2005 foi do 45,9%, 3 veces superior ao obxectivo límite para o conxunto do Estado español que o Protocolo de Quioto establece para o período 2008-2012. O aumento das emisións galegas foi inferior ao español (52,9%), pero superior ao da práctica totalidade dos estados máis desenvolvidos. Cunhas emisións totais de 41,9 millóns de toneladas, as emisións por habitante de Galicia superaron en 2005 as 15 toneladas/ano, situándose entre as máis altas do mundo

 

Segundo o Ministerio de Medio Ambiente, as instalacións industriais galegas integradas no comercio de emisións de CO2 emitiron 17,3 millóns de toneladas de CO2 no ano pasado, sendo responsábeis do 41,2% das emisións galegas. Todos os sectores emitiron menos CO2 que o que lles foi asignado gratuitamente polo Goberno central no Plano de Asignación de Dereitos de Emisión 2005-2007, agás o sector eléctrico. As centrais térmicas de carbón (As Pontes, Meirama) e de fuel (Sabón) emitiron 14 millóns de toneladas de CO2 , é dicir, un 28% máis que a cantidade que lles foi asignada gratuítamente para o 2005 e unha cifra similar á dos últimos anos.

Entre as instalacións sometidas ao comercio de emisións, as centrais térmicas de carbón das Pontes (ENDESA) e de Meirama (UNIÓN FENOSA) son os maiores focos emisores de CO2 , podendo cualificarse como grandes fábricas de cambio climático. Estas centrais están a ser reformadas para prolongar a súa vida útil por uns 25 anos máis e para queimaren só carbón de importación a partir de 2008. Estas industrias, xunto coas futuras centrais térmicas de ciclo combinado a gas natural das Pontes (ENDESA) e de Sabón (UNIÓN FENOSA), son as maiores ameazas para o clima desde Galicia. No ano 2005, ENDESA e UNIÓN FENOSA foron as responsábeis do 81% das emisións dos sectores industriais que participan no comercio de emisións.

O cumprimento do Protocolo de Quioto 

Para que Galicia e o Estado español poidan cumprir o Protocolo de Quioto, a asociación ecoloxista Verdegaia considera prioritario reducir drasticamente a produción de electricidade a partir de carbón, o combustíbel que emite máis CO2 en relación coa electricidade que xera. As asignacións de CO2 para as centrais térmicas de carbón de Galicia e do resto de España deben ser moi restritivas para o período 2008-2012. O Goberno central está a ultimar o borrador do Plano de Asignación de Dereitos de Emisión 2008-2012. Verdegaia presentou comentarios perante o Ministerio de Medio Ambiente durante a fase previa de consulta pública, demandando unha asignación moi restritiva para as térmicas de carbón, en particular para as das Pontes e Meirama.


Verdegaia demanda que se elabore o "Plano de converxencia cos obxectivos do Protocolo de Quioto" que figura no acordo para a formación do Goberno bipartito. En especial, coida que son precisas accións de maior alcance que as adoptadas até hoxe para promover o aforro e a eficiencia enerxética, nomeadamente no transporte, o sector que está a aumentar máis rapidamente as súas emisións, dado o forte crecemento do transporte por estrada. As decisións políticas que se están a adoptar en materia de transporte, a nivel municipal, autonómico e estatal, están a ser, na inmensa maioría dos casos, contraditorias cos obxectivos do Protocolo de Quioto.

ANEXOS

Anexo 1. Emisións de CO2 en Galicia por sectores que participan no comercio de emisións. En toneladas.


Sector

Asignación 2005

Emisións verificadas 2005

Tellas e tixolos

213830

190260

Azulexos e baldosas

9147

6663

Cemento

380866

338616

Pasta e papel

127757

112942

Xeración eléctrica

10984815

14076986

Coxeración

1200692

987158

Cal

64706

10295

Refino de petróleo

1568603

1553483

Siderurxia

78270

77649

Vidro

32781

26038

Total

14664467

17380090

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente (ver)

Anexo 2. Os cinco maiores focos de emisión de CO2 en 2005 entre os sectores que participan no comercio de emisións. Emisións en toneladas de CO2.


Industria

Emisións

Central térmica de carbón das Pontes (ENDESA)

9324833

Central térmica de carbón de Meirama (UNIÓN FENOSA)

4221684

Refinería de petróleo (REPSOL)

1553483

Central térmica de fuel de Sabón (UNIÓN FENOSA)

530469

Cementos COSMOS SA

338616

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente (ver)

 

 


 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top