|
Verdegaia denuncia as agresións sufridas por dous dos seus membros no transcurso da “V Copa de España de caza do raposo” que tivo lugar durante o día de hoxe na vila lucense de Portomarín. Tamén denuncia a crueldade e a vexación dalgúns dos cazadores participantes cos cadáveres de varios dos animais abatidos que foron golpeados até desfiguralos para amosar aos ecoloxistas presentes o que facían cos animais dicindo: “mira o que fago con este raposo, mira”.
As
agresións foron nun primeiro momento verbais mais logo pasaron
a ser tamén físicas. Na primeira e máis grave,
un membro de Verdegaia -que estaba a grabar e a fotografar como os
cans duns cazadores participantes no citado campionato estaban a
trabar a un raposo morto que caeu abatido a tiros- comezou a recibir
insultos, improperios e ameazas de morte tais como "ímoste
pegar un tiro", "ímoste matar", "vas saír moi
mal de aquí", "ímoste pegar unhas ...", "vas
ter problemas", entre outros; momentos máis tarde, outro
cazador -xefe da cuadrilla que estaba a ser grabada- agarrou polo
pescozo ó membro de Verdegaia e comezou a empuxalo mentres
outro o ameazaba con baterlle coa escopeta a modo de bate ou
dándolle culatazos.
A
segunda agresión consistiu no mesmo tipo de improperios
verbais e en empurróns.
Os
membros de Verdegaia agredidos estaban a participar no boicote a este
triste evento que organizou a "Plataforma Matar por Matar Non"
(que aglutina a un total de 19 colectivos), e en todo momento
mantiveron unha actitude pacífica e respeitosa e cando cesaron
as agresións dirixíronse a un centro médico
cercano a curar as feridas que un deles tiña no pescozo e máis
tarde ó cuartel da Garda civil a apresentar unha denuncia por
agresións contra os cazadores involucrados no comentado
suceso.
Dende
Verdegaia queremos voltar a condear este tipo de "campionatos de
caza" nos que case que un milleiro de cazadores matan ós
poucos raposos que viven no monte escollido para levarse a cabo ese
campionato argumentando que as poboacións galegas de raposo
son moi cuantiosas e que coa celebración dese tipo de actos
cruentos se axuda a manter o estatus do raposo nos montes galegos,
argumentacións que son rotundamente falsas.
Tamén
queremos condear as actitudes violentas coas persoas entendendo que é
moi posible que as persoas que teñen unha actitude deste tipo
cos animais tamén é probable que a teñan coas
persoas tal e como ocorreu hoxe nos montes de Portomarín.
|