Inicio arrow Verdegaia - Vigo arrow O Tratado de Lisboa, evidencia dunha Unión Europea de costas á súa poboación  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
O Tratado de Lisboa, evidencia dunha Unión Europea de costas á súa poboación PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 de Xaneiro do 2008
arton7010-eb063.jpg Cun acto informativo na rúa Príncipe de Vigo, Verdegaia e as organizacións da plataforma A Ría Non Se Vende, o sindicato CGT e Xogo Descuberto, queren contrarrestar o desconoñecemento xeralizado por parte da poboación sobre o tratado de Lisboa e os seus contidos e implicacións económicas, sociais e ecolóxicas.
Ante a falta de información do Goberno sobre o alcance do Tratado de Lisboa, firmado o pasado 13 de decembro, e perante a ausencia de debate público, realizarase mañá, sábado 19 de xaneiro, ás 18:00 horas, unha acción de rúa para informar e sensibilizar ás e ós cidadáns das consecuencias deste tratado.

Montarase  un posto nas inmediacións da rúa Príncipe e rúa Colón. Sobre a mesa colocaranse agasallos. A mensaxe da acción será  “O TEU AGASALLO DA UNIÓN EUROPEA: O TRATADO DE LISBOA” e entregaránse sobres-regalo, dentro dos cales  incluírase información sobre o Tratado de Lisboa e as súas consecuencias, incidindo no seu carácter antidemocrático, antisocial, belicista e anti-ecolóxico, con mensaxes irónicas do tipo: “¡Non penses, os políticos faranno por ti!” e remisións a unha páxina web para ampliar información. Todo acompañado de personas disfrazadas que animarán e dinamizarán a acción, atraendo á xente.

O proceso de redacción do Tratado, como a aprobación, - o texto non vai ser sometido a referéndum nos estados da UE- evidencian o carácter antidemocrático do proxecto europeo. Tras o rexeitamento en Francia e Holanda, da Constitución Europea (predecesora do Tratado), as institucións comunitarias decidiron pasar por riba d@s  europe@s facendo o  menor ruído posible.

Tamén convocamos aos medios de comunicación para cubrir a noticia.

Lugar: No cruce da rúa Príncipe con Colón (á altura da farola).
Hora: 18:00
Día: Sábado, 19 de enero de 2008

Máis información: 619 94 90 53
 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Roteiros
Xuntanzas
Contacto
A Ría Non se Vende
   Home  Print  @ Contact Top