Inicio arrow Paz e Globalización arrow Organizacións sociais galegas, entre elas Verdegaia, impulsan a creación do Foro Social Galego  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Organizacións sociais galegas, entre elas Verdegaia, impulsan a creación do Foro Social Galego PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 de Decembro do 2007

 pdf Descarga o tríptico

Os abaixo asinantes, organizacións cívicas e sociais galegas e participantes no proceso do Foro Social Mundial dende Xaneiro de 2001, convocamos a un acto cívico de mobilización para expresar dende o noso país, a solidariedade coas principais reivindicacións do movemento antiglobalización.

Por esta razón, convocamos a unha Asemblea de Movementos Sociais Galegos, así como a unha Feira de Asociacións (organizacións interesadas, contactar antes do 15 de xaneiro con Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ), para o día de mobilización e acción global que este ano sustitúe ó Foro Social Mundial centralizado.

A Asemblea e a Feira realizaranse na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, o día 26 de xaneiro do 2008 ás 11:30 da mañá. O obxectivo desta Asemblea, escollida para manter o confronto co Foro Económico Mundial de Davos, encontro da elite neoliberal que acontece sempre no mes de xaneiro desa vila alpina, será o de iniciar a andaina necesaria cara un Foro Social Galego (FSG).

         O noso compromiso coa realidade local é o noso compromiso coa transformación global:

  • Contra a globalización neoliberal

  • Para erradicar a pobreza

  • Pola paz e contra o armamentismo

  • Pola profunda reforma do sistema de institucións internacionais

  • Abolición da débeda externa

  • Igualdade real das mulleres

  • Sustentabilidade ecolóxica

  • Defensa dos recursos naturais

  • Sobreranía dos pobos

  • Agricultura e alimentación fóra da OMC

  • Recoñecemento do dereito dos pobos á Soberanía Alimentaria

As asociacións impulsoras da creación do Foro Social Galego (FSG) son as seguintes:

  • Seminario Galego de Educación para a Paz

  • Fundación Galiza Sempre

  • Marcha Mundial das Mulleres

  • Sindicato Labrego Galego

  • CIG

  • CCOO

  • UXT

  • STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza)

  • Coordinadora Galega de ONGDs

  • ADEGA

  • Verdegaia

 

Adhesións de persoas e organizacións:

As persoas ou organizacións que desexen integrarse neste proxecto, deberán dirixirse a: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver .

 

 

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top