Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ourense arrow Aproveitamentos hidroeléctricos no río Leira, en Vilamartín de Valdeorras  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Aproveitamentos hidroeléctricos no río Leira, en Vilamartín de Valdeorras PDF Imprimir Correo-e
Martes, 18 de Decembro do 2007

Aínda non choveu que chegara para recuperar a capacidade dos encoros deste país, pero os aproveitamentos hidroeléctricos volven ser noticia, cando menos para Vilamartín de Valdeorras e o seu río Leira. O día 5 de decembro de 2007 publicouse no BOE a declaración de impacto ambiental de tres proxectos de aproveitamento hidroeléctrico do mesmo tramo do río Leira, preto da poboación chamada O Mato, pouco máis abaixo do aproveitamento de San Vicente. As empresas son: Prodes Hidroeléctricos S.L., Senercal S.L. e Cortizo S.L. Os tres proxectos practicamente só se diferencian en que Senercal situaría a central 50 metros máis abaixo cás outras, na altura da presa (4,12 m., 5 m. e 2,5 m) e en que as tuberías de Senercal irían soterradas e as das outras non.

Pero sobre todo hai datos obxectivos e comúns moi importantes: o río está nun proceso de recuperación por vertidos de louseiras; hai soutos en bo estado na zona; a vexetación de ribeira é hábitat prioritario segundo a Directiva 92/34/CEE; case seguro que hai un xacemento romano; a calidade paisaxística considérase media-alta e ningún dos proxectos cumpre todos os requisitos que se lle piden desde diferentes administracións (altura máxima de 3 metros da presa para a subida de peixes, nivel dos caudais ecolóxicos...), etc.

Perante esta situación, solicitóuselles ás tres empresas información complementaria. Na súa resposta vemos cousas como que Cortizo S.L. di que a fauna piscícola pode subir os 5 metros tranquilamente, ou que Cortizo S.L. nega absolutamente todos os datos obxectivos (o río está en fase de recuperación, existencia de lontras río arriba, etc.) e incluso chega a ser contraditoria cos seus propios informes anteriores.

Pero... sorpresa!: Os tres proxectos teñen un informe ambiental favorable porque só se vai conceder un deles e sempre e cando cumpran cos requisitos que lles pediron.

Verdegaia cuestiónase como é posible que, se un proxecto non cumpre os requisitos mínimos, e incluso se nega a asumir información obxectiva, reciba un informe ambiental favorable.

Non soamente reiteramos a nosa oposición a novas minicentrais nos ríos galegos, senón que tamén cuestionamos o criterio dubidoso de moitas administracións en materia de medio ambiente para conceder informes favorables.

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top