Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ferrol arrow Mercadiño de troco en Ferrol  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Mercadiño de troco en Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 de Decembro do 2007

logo_consumes_ou_devoras.jpgEste domingo día 16 de decembro Verdegaia Ferrol organiza un mercadiño de troco, tal e como se vén celebrando nos diferentes núcleos comarcais. O comezo deste mercadiño alternativo ao consumismo actual comezará ás 10.30 h no Edificio provisional do Mercado Central de Ferrol. Por iso, invitamos a todos/as aqueles cidadáns que desexen trocar calquera obxecto a que acudan á cita.

O troco é un sistema de mercado no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda.  Conleva unha reflexión previa sobre o que valoramos e o que non valoramos do que xa posuímos,  diminúe a produción de residuos, posto que aquilo que xa non é útil para unha persoa, si pode selo para outra; diminúe o impacto do transporte, posto que pasa dunhas mans a outras dentro da mesma cidade. Neste senso, tamén é un xeito de achegar ás persoas e poñer en cuestión o valor actual dos cartos, amosando un xeito para consumir  á marxe do capitalismo.

A selección e avaliación dos obxectos establécese mediante un sistema de vales: cando se recibe un obxecto, a organización outórgalle un, dous ou tres vales, e son eses vales os que despois se trocan polos obxectos que, á súa vez, custan un, dous ou tres vales (ex.: 1 libro=1 vale). Non existe límite de idade para participar. Finalmente, aquelo que non é trocado débese levar novamente para casa.

Trocaránse todo tipo de obxectos como libros, menaxe de cociña, artesanía, audiovisuais, xogos e xoguetes, roupa, aquelas cousas que poidan ser de interese para outras persoas.

Descarga o folleto e difúndeo: folleto 248.18 Kb

 
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top