Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Aproveitamento micolóxico sostible dun ecosistema forestal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 de Novembro do 2007
setas.jpgVerdegaia-Vigo e a Comunidade de Montes de Valadares organizan o vindeiro venres 23 de novembro a partires das 20:30 h. no Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares (estrada de Valadares nº 233-liña de autobús urbano C7) a conferencia “Aproveitamento micolóxico sostible dun ecosistema forestal” que impartirá a micóloga Purificación Lorenzo, micóloga e investigadora do Laboratorio de Micoloxía da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, laboratorio dirixido pola prestixiosa micóloga Marisa Castro.

Os profundos cambios sufridos nos hábitos de vida dos galegos nas últimas décadas propiciaron que os nosos montes perdesen gran parte dos usos tradicionais que tiñan antigamente.

Deste xeito, a busca de novas formas de xestión do sector agroforestal, así como de novos usos do chan converteuse hoxendía nunha importante preocupación tanto de particulares coma das propias administracións.

Un posible aproveitamento alternativo dos recursos agroforestais, que día a día está a demostrar a súa viabilidade en numerosas experiencias realizadas, e que actualmente se afianzou como unha firme alternativa aos usos tradicionais deste sector, consiste en aproveitar os recursos micolóxicos, tanto dende o punto de vista social, como dende o económico ou o ambiental.

 
   Home  Print  @ Contact Top