Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2007
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Fiando Verde
Revista Cos Pés na Terra
isap
galizanonsevende
bicis
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
eco57
transforma
A Xunta non informa sobre a calidade do aire en Santiago desde hai máis dun mes PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 de Novembro do 2007

ensanche.jpgA Xunta non facilita datos sobre a calidade do aire en Santiago desde que  mudou a ubicación da estación de control da contaminación atmosférica desde a Praza de Vigo ao Campus Sur, hai máis dun mes. Por outro lado, segue sen responder á solicitude de información de Verdegaia-Compostela sobre a xustificación técnica do traslado da estación. Ambos feitos levaron a Verdegaia a presentar unha queixa perante o Valedor do Pobo.

A través dunha nota divulgada o pasado 5 de outubro, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible informou sobre o traslado da estación de control da calidade do aire da cidade de Santiago. Nesa nota indicábase que a estación "atópase en fase de probas, e, a partir da vindeira semana, xa se obterán os datos, que se poderán consultar na web". Porén, na web sobre calidade do aire da Xunta continúan sen estar dispoñibles os datos para  Santiago, indicando que a estación está "en mantemento".

Por outro lado, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental continúa sen responder á solicitude de información presentada o 14 de setembro pasado por Verdegaia sobre a documentación técnica que xustificou a reavaliación da localización da estación de control da calidade do aire de Santiago. A falta de resposta da Consellería de Medio Ambiente supón un incumprimento da lei pola que se regulan os dereitos de acceso á información e de participación pública en materia de medio ambiente.

A Consellería de Medio Ambiente xustificou o traslado da estación da calidade do aire de Santiago para  "obter unha mellor representatividade dos datos sobre calidade do aire da cidade". A reavaliación da localización da estación debería terse producido logo dun estudo  rigoroso sobre a distribución espacial de concentracións de contaminantes na cidade, estudo que parece que non foi realizado. O traslado produciuse despois de que Verdegaia divulgase a superación do valor límite horario de dióxido de nitróxeno (NO2) para a protección da saúde humana en Santiago, segundo os datos publicados pola Consellería na súa web.  Tanto en 2005 como en 2006, superouse o valor límite que estará vixente en 2010, e ademais en 2006 superouse moi amplamente o valor límite máis a marxe de tolerancia aplicable en 2006, o que obriga a actuar aos poderes públicos. Os elevados valores de NO2 en Santiago motivaron unha referencia na Estratexia Española de Calidade do Aire do Ministerio de Medio Ambiente.

 
Advertisement
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
10 preguntas
4x4
sust_2007
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Feira Terractiva
Outubro 18 - 19, 2008

Ver calendario completo
Sindicación
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top