Inicio arrow Novas de Verdegaia-Vigo arrow 11 de Novembro: Roteiro polo Monte Galleiro  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
11 de Novembro: Roteiro polo Monte Galleiro PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 de Novembro do 2007
 
galleiro1peq.jpg A asociación ecoloxista Verdegaia vai organizar un roteiro polo Monte Galleiro -situado nos concellos de Mos, Ponteareas e Pazos de Borbén- o vindeiro domingo día 11. A saída realizarase en autobús urbano ás 9:45 h. dende o MARCO (Rúa do Príncipe s/n), para comezar a camiñar sobre as 11:00 h. na parroquia de Peinador. A volta a Vigo está estimada sobre as 20:00 h. 

O itinerario previsto é o seguinte: Peinador, Regomil, Capela de Santiaguiño, Arrufana, o Pombal, a Fenteira, a Costa cillarga, Focos, o Penedo grande, o Penedo galleiro3pe.jpgnegro, e o Galleiro, sendo este último o cumio do monte cunha altitude de 749 m. s.n.m. A volta consistirá en realizar o percorrido inverso.

O Monte Galleiro é un lugar de extraordinaria beleza pero cunha chea de impactos ambientais que o degradaron e o seguen a degradar a cotío. Claros exemplos destes danos son os repetidos lumes que se teñen producido no lugar, as plantacións de eucaliptos que se extenden por diversas zonas do monte e as canteiras a ceo aberto que se poden ver "salpicadas"polas ladeiras do Galleiro.

Pese a esta problemática ambiental, o Monte Galleiro preserva importantes valores naturais no seu seo como albergar poboacións de aves incluídas na Directiva 79/409/CEE de conservación das aves silvestres da UE tais coma a papuxa do mato, o ralo, ou a cotovía, ou como ser o lugar onde habitan diferentes especies de anfibios e réptiles incluídas na Directiva 92/43/CEE de conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres da UE coma o lagarto das silvas, a saramaganta ou o sapiño pinto.

A estes valores naturais cómpre sumar as impresionantes vistas que se poden contemplar dende este monte xa que a súa gran altitude faino o curuto máis elevado desta zona da provincia de Pontevedra.

O roteiro é aberto e gratuíto á cidadanía en xeral e contará coa presenza dun guía da asociación que irá informando ás/aos asistentes dos diferentes valores e aspectos que se vaian observando ao longo da xornada. Cómpre levar comida, bebida e roupa e calzado axieitados.

O percorrido até o comezo do roteiro realízase en transporte público colectivo para fomentar este tipo de transporte entre a cidadanía e para non contribuír ó avance do cambio climático.

Para máis información: Diego Rodríguez

Vicecoordenadorxeral de Verdegaia

(670 784 919)

 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Roteiros
Xuntanzas
Contacto
A Ría Non se Vende
   Home  Print  @ Contact Top