Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ferrol arrow Roteiro polo Río Sor  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Roteiro polo Río Sor PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 de Novembro do 2007

fotosor.jpgVerdegaia Ferrol, convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón. Trátase dunha magnífica ocasión para achegarse a un espazo natural pouco coñecido pero moi ben conservado, onde se pode disfrutar dunha paz e unha paisaxe difíciles de igualar. Ademais da excelente calidade das súas augas, o Río Sor ofrece aínda excelentes manchas de fraga de ribeira autóctona.

O percorrido comezará na parroquia de Grañas do Sor, no lugar coñecido como Ribeira do Bispo, e continuará sempre seguindo o percurso do río ata a zona recreativa de Ponte Segade, onde terá lugar o xantar. Pola tarde continuará a andaina ata chegar á fervenza de Augas Caídas onde rematará o roteiro, completando un percorrido total de 14, 5 km cunha dificultade considerada como media-baixa.

Para dita actividade a asociación poñerá a disposición dos participantes un bus que partirá da escalinata de Correos en Ferrol o domingo 11 ás 9:30 h, estando prevista como hora de volta as 7 da tarde. O prezo será de 4 € para os/as non socios/as e de 2,50 € para os/as socios/as. O número de prazas é de 30 e o prazo de inscrición rematará o día 8 de novembro. Cómpre levar o xantar e ropa e calzado axeitados.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden facer a súa reserva chamando aos teléfonos 981320235 ou 661636946.

Descarga o tríptico informativo do roteiro: trptico_roteiro_sor_capa

 
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top