Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2007
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Fiando Verde
Revista Cos Pés na Terra
 
galizanonsevende
bicis
 
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
ecotv
nadal2008
Ría de Cedeira: ameazada por un novo proxecto de porto deportivo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 de Outubro do 2007

ra_de_cedeira.jpgA ría de Cedeira está en trámites de ser declarada Reserva Mariña pola súa riqueza pesqueira e marisqueira. Ademais esta ría contén diversos xacementos arqueolóxicos como acaban de constatar as prospeccións realizadas de xeito preliminar. Mais isto non evita que se vexa ameazada por  un proxecto de novo porto deportivo que alteraría e afectaria tanto aos hábitas como aos restos históricos.

Por todo isto, solicitamos a paralización inmediata da tramitación do proxecto por entender que ocasionaría un serio prexuizo ambiental e cultural, do xeito en como foi plantexado.

O proxecto de porto deportivo implicaría a construción dun novo dique e dunha nova superficie portuaria que, ademáis de sepultar con entullos e formigón unha parte do leito mariño da Ría de Cedeira, alteraría as correntes mariñas nesa zona afectando ao aporte de áridos das praias da contorna (Praias de Cedeira e de San Isidro). Por se fose pouco, os aterramentos contemplados destruirían e/ou degradarían os hábitats bentónicos existentes e afectarían aos restos arqueolóxicos.

Ademais, non se plantexaron outras alternativas tales como o aproveitamento das instalacións portuarias existentes para a dotación de novos pantalans que permitan o amarre das embarcacións deportivas, sen necesidade de efectuar novos recheos.

Por último, cómpre salientar que dende o Concello de Cedeira se nos denegou copia do Estudo de Impacto Ambiental do proxecto de referencia, tras solicitalo por escrito dentro do prazo correspondente, remitíndonos dito concello aos servizos centrais do ente público Portos de Galicia, en Santiago de Compostela( é dicir, complicando e dificultando a consulta); cando na Resolución do 16/05/2007 (D.O.G. nº 156 do 13/08/2007), relativa ao proxecto, se especifica que "Para os efectos informativos, poranse a dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias: ... -Concello de Cedeira", tendo constatado a existencia de dito documento nas dependencias deste concello. Como consecuencia desta obstaculización ao acceso á información ambiental, Verdegaia non puido analizar con detalle o proxecto das instalacións náutico-deportivas en Cedeira.

 
Advertisement
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
10 preguntas
4x4
trafego
exposicion
Próximos eventos
Exposición sobre a pegada ecolóxica na Facultade de Medicina de Santiago
Decembro 29, 2008 - Xaneiro 16, 2009
En datas recentes
Sesión de curtas sobre consumo en Vigo
Decembro 23, 2008

Ver calendario completo
Sindicación
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top