Inicio arrow Paz e Globalización arrow Rebélate contra a pobreza: Máis feitos, menos palabras  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Rebélate contra a pobreza: Máis feitos, menos palabras PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 14 de Outubro do 2007

logo_qdq.jpgPor terceiro ano consecutivo, e a nível global, convócase unha Semana de Acción contra a Pobreza, que rematará nunha Xornada de Mobilización, a do 21 de Outubro. No Estado español a convocatoria parte da Alianza Española Contra la Pobreza e con ela conflúe a Semana de Acción Global contra a Débeda e as IFIs (Institucións Financeiras Internacionais) convocada por Quen Debe a Quen?, campaña da que Verdegaia fai parte. 

A Alianza Española Contra la Pobreza denuncia o incumprimento de promesas, os tímidos avanzos e as incoherencias no que fai respeito aos ODM (Obxectivos de Desenvolvimento do Milenio), polo que demanda aos/ás nos@s gobernantes un compromiso firme na luita contra a pobreza.

Pola sua banda, a Semana de Acción Contra a Débeda e as IFIs proponse desafiar aos gobernos, denunciando a débeda, a xeración de pobreza e o cambio climático. A convocatoria denuncia tamén á banca internacional, ás corporacións transnacionais e aos organismos como o FMI e o Banco Mundial que celebran en Washington, de 20 a 22 de Outubro, a súa asemblea anual.

Neste contexto, Verdegaia —que ven de secundar a convocatoria contra os Acordos de Asociación Económica entre a UE e os países ACP (África, Caribe e Pacífico)— ademais de apoiar as mobilizacións convocadas para o vindeiro 21 de Outubro, ten organizada unha mesa redonda sobre “Biocombustíbeis, Soberanía Alimentar e Relacións Norte-Sul”, que será 18 de Outubro ás 20:00 na aula 6 da Faculdade de Historia (USC). 

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top