Inicio arrow Novas arrow Verdegaia presenta propostas para unha Compostela sustentable  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia presenta propostas para unha Compostela sustentable PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 13 de Outubro do 2007

raxoi.jpgVerdegaia-Compostela preparou un conxunto de propostas dirixidas ao Concello que entende mellorarían a calidade de vida dos veciños e veciñas asegurando un desenvolvemento ecoloxicamente sustentable e socialmente xusto. O Concello pode xogar un papel importante na construción dun municipio que aforre recursos naturais, mellore a calidade do medio ambiente e conserve a biodiversidade, pensando na sustentabilidade non só a nivel local senón tamén a escala global. 

O exceso de tráfico, a crecente xeración de residuos, o desperdicio de auga, a contaminación dos ríos, a deterioración da calidade do aire, a perda de biodiversidade ou a elevada incidencia dos incendios forestais son algúns elementos da Compostela insustentable. Desde o Concello pouco se ten feito para reverter este cadro, como proban a parálise da Axenda 21 Local -que debería ser a estratexia local para a sustentabilidade-, as carencias do Plano Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM), a adhesión ao sistema de tratamento do lixo de SOGAMA,  a ausencia dun Plano de Mobilidade Sustentable ou o mal exemplo do Concello en aspectos como o consumo de enerxía.

Entre as numerosas propostas contidas no documento de Verdegaia "Propostas para unha Compostela sustentable", formuladas a partir de experiencias de moitas outras cidades, destacamos as dez seguintes:

-Retomar o proceso de Axenda 21 local, cun forte respaldo político do conxunto do goberno municipal, vencellándoo ás estratexias de sustentabilidade supralocais  e promovendo a participación social.

-En materia urbanística, salientamos a priorización do aluguer e a rehabilitación sobre a propiedade e a construción de novos edificios e a inclusión no PXOM dun Plano Especial de Indicadores de Sustentabilidade.

-Desenvolver un Plano de Mobilidade Sustentable, de acordo co resto dos concellos da comarca, que restrinxa o uso  do coche e promova fortemente os modos non motorizados e o transporte colectivo.

-Crear unha Axencia Local da Enerxía para elaborar un plano enerxético municipal, para prestar asistencia técnica á cidadanía e ás empresas en materia de aforro enerxético e enerxías renovables e para desenvolver campañas a prol do aforro enerxético.

-Renunciar á incineración como principal método de xestión do lixo e promover a redución, a reutilización e a reciclaxe, demandando da Xunta un plano sustentable de residuos urbanos.

-Modificar as tarifas da auga, co obxectivo de incentivar o aforro e penalizar o desbaldimento.

-Declarar o municipio como Zona Libre de Transxénicos.

-Aplicar un Plano municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, de acordo coa Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

-Impulsar a información, a educación e a participación, por exemplo, desenvolvendo un auténtico programa de educación ambiental ou creando ou activando (no caso do Consello de Medio Ambiente) instrumentos para a participación social.

-Introducir criterios ecolóxicos na contratación de bens e servizos.

Descarga aquí o documento con todas as propostas: Propostas para unha Compostela sustentable
 
Verdegaia - Compostela
Novas
Coordenadora Comarcal A Coruña
Contacto
+ Info
   Home  Print  @ Contact Top