Inicio arrow Novas de Verdegaia-Vigo arrow 11, 12, 13 e 14 de Outubro: Roteiro pola defensa da Ría de Vigo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
11, 12, 13 e 14 de Outubro: Roteiro pola defensa da Ría de Vigo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 de Outubro do 2007

montferrpeqe.jpgOs próximos días 11, 12, 13 e 14 de Outubro, a plataforma A Ría Non se Vende organiza uns roteiros pola ría de Vigo, nos que se terá a oportunidade de ver as súas belezas, sentir os impactos que sofre e avaliar o seu futuro. Convidadas quedan a este evento aquelas persoas que sintan que a saúde da ría é importante, e que queiran recordalle ademáis aos responsables do seu deterioro, que tamén é de tod@s nós. 

Programa do "Roteiro en defensa da Ría de Vigo" Do 11 ao 14 de Outubro de 2007

Día 11: MOAÑA – CANGAS. Saída da Estación Marítima de Moaña ás 17:00 horas. Percorreremos a costa até chegar a Cangas e rematará no Salgueirón (Massó) arredor das 20:00. Será guiado e comentado por Cándido Martínez do colectivo Luita Verde. Como fin de etapa celebraremos, cunha pequena grande festa, os dous anos (recentemente compridos) da resistencia contra a urbanización e o porto deportivo de Massó.

Día 12: VILABOA – REDONDELA. Saída de Vilaboa (marquesina Mercamueble) ás 12:00 horas, para chegar a Arcade sobre as 14:00. Alí farase unha parada para xantar, partindo de novo desde o porto de Arcade para chegar a Redondela á tardiña.

 Día 13: REDONDELA – A GUÍA. Saída ás 11:00 horas desde embaixo da ponte de Rande. Tras pasar por Aucosa, Frioya e Pescanova chegaremos á ETEA, para seguir polo cortalumes usurpado polo porto deportivo até chegar a Punta Lagoa sobre as 14:30. Comida festiva vexetariana e de confraternidade organizada pol@s compañeir@s do Centro Social Autoxestionado Caleidoskopio.

Día 14: BOUZAS – MONTEFERRO. Saída ás 10:00 horas desde a praia do Adro, Bouzas, para chegar sobre as 13:45 á praia das Canas en Nigrán. Alí seremos recibidos por grupos de gaiteiros, percusionistas, malabares e outras xentes de mal vivir para subir tod@s xuntos, en grande rebumbio, até Monteferro onde comeremos. Que cada quen leve o seu xantar. Se o tempo é malo temos reservado o pavillón de deportes de Panxón para seguir a festa até a tardiña.

CONVOCA: A RÍA NON SE VENDE

Foro Social de Cangas, Luita Verde, Plataforma Defensa Enseada San Simón, OARedondela, Verdegaia, Voces polo Litoral Teis, CS A Revolta, CS Faísca, Salvemos Monteferro, Bouzas Móvete, GAS Vigo, Caleidoskopio.

Lé o informe realizado pola Ría Non se Vende:


informe_pontos_negros1
 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Roteiros
Xuntanzas
Contacto
A Ría Non se Vende
   Home  Print  @ Contact Top