Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
SOS Courel precisa da túa axuda para emprender accións xudiciais en defensa do Courel PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 de Outubro do 2007

soscourel_doazons.jpg A asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, coa axuda de todas e todos, tentou por todos os medios de parar a desfeita total do Courel. Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron, agora só nos queda acudir a Xustiza.

E farémolo xa, antes do 10 deste outubro, recorrendo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño de 2007, para a canteira, "La Campa-Santa Eufemia", no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, un dos espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa.

Inmediatamente, a primeiros de novembro, teremos que recorrer tamén a licencia de actividade desta mesma canteira.

Logo, si se lle concedera, teremos que recorrer a licencia de apertura. E seguramente polo camiño surxirán máis contenciosos aos que facerlle fronte.

Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional a "magnitude da desfeita", non temos máis remedio que pedir e aceptar donativos. Por iso para todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición o noso nº de conta en "La Caixa"

 

2 1 0 0

2 1 8 3

5 6

0 2 0 0 1 8 1 1 0 9

Se o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico desta campaña, utilizariámolo para a adquisición e restauración de algún anaco de souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construcción tradicional en ruínas no Courel, para uso e disfrute de todas e todos.

A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, con NIF G273624 74, con enderezo postal en "Santa Eufemia, nº32, Folgoso do Courel. 27327 Lugo" non ten ánimo de lucro, e tal e como consta nos seus estatutos debe promover todas aquela medidas que leven a acadar a "Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel".

Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizar o noso enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , o noso enderezo postal indicado arriba ou o telefono 607 22 58 87.

Gracias por axudar

 

 

Outras aclaracións:

Ao noso entender, o Consello da Xunta de Galicia, en xuño de 2007, errou ao aplicar mal a Lei, e autorizar unha canteira no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel.

A lei mandaba: " O Consello da Xunta valorará a compatibilidade ou non da explotación cos valores naturais, ambientais e paisaxísticos existentes". Pois ben, a explotación funcionaba xa, a pesar de unha orde de peche, precisamente por non ser compatible con eses valores.

Ao mesmo tempo esta autorización, é o precedente ambiental necesario para a autorización de alomenos outras 54 explotacións mineiras neste territorio, e tamén para a declaración do concello de Folgoso do Courel como "Concello Mineiro" tal e como se prevé na futura "Lei de promoción da minaría de Galicia".

É certo o dos postos de traballo, pero no Courel xa hai demasiadas canteiras cunhas condicións ambientais insostibles, recoñecidas polas propias empresas, cando pediron axuda as Administracións para solucionar o problema ambiental no 2001.

No Courel hai posibilidade dabondo de crear moito máis dos cen postos de traballo, da canteira que se cuestiona, e son necesarios e urxentes para a restauración e conservación cultural e ambiental de todo o Courel.

A Xunta pode se quere, crear estes postos de traballo xa, sen traumas nin chantaxes para os traballadores; e os fondos poden saír do mesmo sitio que saíron os do "Gaiás" ou os dos, de momento, 4.000 sobresoldos de 15.000 euros anuais, para pasados e futuros altos cargos; e non imos valorar de momento estes dous últimos "esforzos económicos".

Aos traballadores da pedra de Galicia, as Administracións débenlle, según algúns sindicatos e nós estamos de acordo, un plan cun "esforzo económico Estatal", para equiparar a idade de xubilación aos outros ramos da Minaría. De levarse a cabo permitiría a xubilación de moitos traballadores cunhas retribucións máis xustas que as actuais e recolocar todos os traballadores especialistas desta canteira nas outras.

As inversións na conservación do patrimonio cultural e ambiental, son as máis rendibles economicamente, para o presente e para o futuro.


 
   Home  Print  @ Contact Top