Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ferrol arrow Consideracións sobre o proxecto de recuperación e restauración do DPMT na Praia de Vilarrube.  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Consideracións sobre o proxecto de recuperación e restauración do DPMT na Praia de Vilarrube. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 de Setembro do 2007

Verdegaia presentou diante do Ministerio de Medio Ambiente as súas consideracións acerca do proxecto de Recuperación e Restauración do Dominio Público Marítimo-Terrestre na Praia de Vilarrube, T.M. de Valdoviño (A Coruña), sobre o que procede adoptar unha decisión sobre o seu sometemento a procedemento de avaliación de impacto ambiental. 

Verdegaia considera imprescindíbel a restauración do Dominio Público Marítimo-Terrestre (D.P.M -T.), afectado pola ocupación ilegal de diversas edificacións que xa foron derruidas pola dirección Xeral de Costas e pola afluencia de bañistas á praia durante a tempada estival. Mais o proxecto nos seus actuais termos contribuiría a incrementar a presión antrópica sobre os diferentes hábitats naturais de interese comunitario existentes no devandito dominio público.

Tal é o caso dos sendeiros peonís proxectados a través do sistema dunar que, aínda tratándose dunha intervención branda, o seu número resulta desproporcionado, xa que facilita o acceso a determinados lugares do sistema dunar practicamente inalterados.

A maioría do mobiliario urbano (mesas e bancos, xogos infantís, fontes, papeleiras, etc.) proxéctase, de forma dispersa, sobre unha das zonas do D.P.M-T. Esta dispersión tamén contribúe á antropización do D.P.M-T. e, en consecuencia, á deterioración dos hábitats naturais de interese comunitario (algún deles prioritario) existentes no devandito dominio público. Por este motivo faise necesario concentrar as devanditas actuacións nun só punto, recomendando o traslado das mesmas ás inmediacións do aparcamento previsto na Servidume de Protección (Z.S.P.) do D.P.M-T. co obxecto de afastar do sistema dunar a recuperar boa parte da presión humana. 

O acondicionamento e rexeneración ambiental das superficies recuperadas no D.P.M.T. debería limitarse única e exclusivamente á retirada de todas as especies arbóreas e arbustivas alóctonas. En calquera caso, desaconsellamos a repoboación das zonas recuperadas con especies vexetais autóctonas (incluídas as especies cespitosas), recomendamos que se deixe actuar á propia natureza á hora de establecer a vexetación ideal sen a axuda de repoboacións.

A redución e reubicación das prazas de estacionamento e o traslado do café bar ubicado actualmente no DPMT son outras das peticións do documento. 

 
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top