Inicio arrow Mobilidade e Transporte arrow Verdegaia realiza unha comparativa de medios de transporte en Compostela, Ferrol, Ourense e Vigo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia realiza unha comparativa de medios de transporte en Compostela, Ferrol, Ourense e Vigo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 de Setembro do 2007

bici-coche.jpg Co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, Verdegaia desenvolveu unha comparativa de medios de transporte urbanos  en catro cidades coa finalidade de establecer con datos fiábeis cal é o medio máis eficaz e eficiente para moverse pola cidade. Os datos obtidos permiten afirmar que a diferenza entre empregar a bicicleta no canto do automóbil en desprazamentos urbanos durante un ano pode evitar a emisión de 600 kg/CO2, permite gañar 210 horas de tempo e aforrar máis de 400 €.

A metodoloxía consistiu en establecer un itinerario entre puntos que actúen de polos de atracción nas respectivas cidades (Ferrol, Santiago, Ourense e Vigo),  e percorrelo simultaneamente con 5 medios de transporte distintos: a pé, en bicicleta, moto, coche, taxi e autobús. Os traxectos variaron entre 4 e 7 km segundo a cidade.

As condicións que permitiron recoller resultados fiábeis foron:

  • Procuráronse traxectos que fosen reais, é dicir, que permitisen desenvolver algunha actividade cotiá dentro da cidade e que combinasen distintos graos de pendente para crear condicións obxectivamente parellas para os modos de transporte.

  • Realizáronse con bo tempo, xa que os días de chuvia xa crean de por si condicións moi difíceis canto a número de vehículos en circulación, e desenvolvéronse cando a actividade escolar comezaba nos colexios de primaria pero non no ensino secundario nin universitario, buscando unha "media" entre o tráfico menor dos días de verán e o tráfico particularmente intenso cando o curso está en marcha en todos os ciclos.

  • Os traxectos enténdense "de porta a porta", marcándose o tempo no momento de chegar ao portal do edificio en cuestión O itinerario entre puntos é de libre elección coa condición de base para todos os medios de respectar a normativa de tráfico e municipal vixente.

Os parámetros que se avaliaron foron o tempo de desprazamento, os gastos do vehículo (carburante, amortización, seguros, tarifas), o consumo de combustíbel e as emisións de dióxido de carbono (CO2).

Os resultados nas catro cidades foron moi semellantes podéndose resumir en:

  1. A bicicleta e a moto foron os medios máis rápidos para desprazarse na cidade, mais tendo en conta os custos económicos e as emisións de CO2, a bicicleta é con diferenza o máis eficaz.

  2. As diferenzas de tempo son mínimas (5 a 10 min) entre ir a pé e ir en taxi/coche e refliten dous elementos a ter en conta no momento de decidir o emprego dun ou outro medio de transporte: os tempos de espera no caso do taxi e os de estacionar (búsqueda e manobra) no do coche anulan practicamente a vantaxe comparativa a ir a pé, máis se temos en conta só custos monetarios, e a velocidade media nas cidades é moi baixa, malia que a sensación do condutor/a sexa distinta.

  3. Os tempos de traxecto do autobús fanno inviábel para desenvolverse con soltura pola cidade en traxectos combinados. Isto débese fundamentalmente á presenza de retencións na cidade así como a uns tempos de espera nas paraxes excesivamente longo.

  4. O automóbil e con grande diferenza o medio de transporte máis insustentábel ambientalmente e custoso economicamente.

  5. A avaliación conxunta dos distintos parámetros demostran que a bicicleta é o medio máis eficaz para moverse dentro da cidade cun custo económico mínimo, rapidez nos desprazamentos, ocupación mínima do espazo urbano e grandes vantaxes ambientais e sociais.

Propostas 

En base a estes resultados, Verdegaia demanda a adopción de medidas urxentes para reducir o uso do coche nas cidades e trasvasar viaxeiros a outros modos de transporte de menor impacto ambiental, nomeadamente o transporte público colectivo e os desprazamentos non motorizados, isto é, andar ou pedalear.

Estas medidas urxentes teñen que ter unha dobre compoñente simultánea de disuasión e estímulo. Disuasión para o emprego do coche mediante os múltiples mecanismos posíbeis (parquímetros, restricións de acceso, peaxes, non ampliación de estradas, pacificación do tráfico) e estímulo para os medios máis ecolóxicos (melloras no transporte público con carrís exclusivos, itinerarios seguros para peóns e ciclistas, ampliación de beirarrúas).

No Día sen Coches, Verdegaia reclama ás distintas administracións o desenvolvemento das seguintes medidas:

  1. Moratoria na construción de grandes infraestruturas de transporte pensadas para o automóbil. Calquera nova circunvalación, autovía ou variante estimula o incremento do uso do coche de tal xeito que anula as posíbeis vantaxes da súa construción. Galiza conta con exemplos abondosos do colapso de autovías e vías rápidas: Vía Rápida do Barbanza, Vía Rápida do Salnés, etc.

  2. Priorización do transporte público e dos investimentos para mellorar a súa calidade. Prestando atención non só á cantidade, senón sobre todo á calidade do servizo: mellora de frecuencias, ampliación de horarios (incluídos nocturnos), billetes combinados, etc.

  3. Fomentar o establecemento dun ferrocarril sustentábel e social, entendido como un servizo público. A aposta polo insustentábel e elitista AVE detrae os investimentos imprescindíbeis para dotármonos dunha rede artellada de ferrocarril que una as principais cidades e vilas galegas. A construción da liña Santiago - Lugo e o establecemento de servizos de ferrocarril de cercanías entre Vigo e Pontevedra e A Coruña, serían os primeiros pasos necesarios, xunto coa electrificación total da rede ferroviaria galega. Non é de recibo que Galiza, unha das maiores produtoras de enerxía eléctrica do estado, siga a depender de vellos automotores diésel.

  4. Implantación dunha Rede Básica de Vías Ciclistas. Unha Rede Básica comprende non só vías ciclistas, senón tamén rúas tranquilas e espazos seguros compartidos con outros medios de transporte, para dar unha continuidade e seguridade ao desprazamento en bicicleta. Estacionamentos para bicis, posta en marcha de planos de impulso á bicicleta, acceso en bicicleta aos transportes públicos, serían outras medidas que facilitarían a universalización deste modo ecolóxico de transporte.

  5. Acougado do tráfico. Posta en práctica, en todos os barrios, de medidas para limitar a velocidade a 20-30 km/h, dando prioridade a peóns e ciclistas, realizando itinerarios sinuosos para os coches, colocando bandas elevadas na calzada e cantas medidas sexan necesarias para obrigar aos automóbiles a adecuar a súa velocidade a valores seguros para os outros usuarios da vía.

  6. Medidas de fomento da peonalidade coa de redes de itinerarios peonais, ampliación de beirarrúas, establecemento de pasos de peóns seguros e amplos en todolos cruzamentos, cun aumento dos tempos de paso semafóricos.

pdf Informe da comparativa de Medios en Compostela 376.83 Kb
 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top