Inicio arrow Verdegaia - Ourense arrow Verdegaia fai unha auditoría do estado das beiras do Miño ao seu paso por Ourense  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia fai unha auditoría do estado das beiras do Miño ao seu paso por Ourense PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 de Setembro do 2007

O día 14 de setembro Verdegaia Ourense realizou un roteiro por un treito das beiras do río Miño ao seu paso por Ourense, máis concretamente desde a praia da Antena até a primeira papeleira despois da fonte de Reza (paseo das Ninfas). A finalidade da actividade era denunciar o mal estado desde moitos puntos de vista dunha das zonas que desde hai xa algún tempo se vende como un dos potenciais do turismo da cidade. 

Á parte de dar conta doutros problemas, basicamente recolleuse unha bolsa de lixo grande (as dos contedores dos bares) en pouco máis de quilómetro e medio. Relacionado con este aspecto, un dos problemas fundamentais é que á parte de seis papeleiras (máis ou menos) que hai nos primeiros 50 metros do treito e dous contedores (un de orgánico e un amarelo), temos que agardar un quilómetro e medio aproximadamente para atopar outra papeleira (pequena). Isto non nos exime, por suposto, da responsabilidade persoal á hora nos desfacer do lixo nin supón renunciar a pór os medios para que isto non ocorra (levar unha bolsa de plástico nós para levar o noso lixo, denunciar a situación...).

A partir desta actividade (que esperemos se amplíe e teña máis participantes para abranxer todo o camiño), fixemos unha presentación cunha selección de imaxes e explicacións para que todo o mundo se poida facer unha idea do que pode atopar nunha das zonas máis visitadas e percorridas da cidade, da que un bo tramo estaba recentemente rozado (é dicir, máis limpo do habitual).

Outro tipo de problemas que se pode atopar son: falta de limpeza de silveiras e outra maleza que non dá lugar máis que a vertedoiros incontrolados; falta de seguridade (tramos de valado roto por onde pode caer calquera); tomas de auga que non se sabe para que serven; canos que non se sabe que e de onde verten…

Como se pode comprobar, o tan vendido Ourense termal e as tan supostamente remozadas beiras do Miño claman por unha actuación urxente e unha denuncia de todos/as nós.

Invitamos a todas aquelas perosoas que visiten habitualmente o lugar (para bañarse, para pasear, para ler, para durmir…) que denuncien a lamentable situación que nós atopamos.

Cantos/as máis sexamos, máis fortes seremos! Verdegaia deu o primeiro paso, agora só tes que subir ó tren (non o de Ourense transportes)!

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top