O
pasado fin de semana Verdegaia levou a cabo unha actividade de
voluntariado dentro da
súa
campaña de erradicación de herba do coitelo
(Carpobrotus
edulis
e C.
acinaciformis)
cunha actuación de erradicación na Illa de Sálvora
na
que
se retiraron máis de 5.000 kg de
planta que
ocuparon corenta sacos para entullo.
A actividade estivo coorganizada co Parque Nacional das Illas
Atlánticas de Galicia.
A
actuación
de erradicación de herba do coitelo consistiu na extracción
manual desta especie dalgunhas zonas da
illa:
a praia do Castelo e os seus arredores,
onde é abundantísima por mor da plantación
masiva levada a cabo no lugar durante o século pasado e contou
coa presenza de catorce
voluntari@s
de Verdegaia (oito
mulleres e seis homes),
tres traballadores do
Parque Nacional,
o fareiro, e
o vixiante do Castelo de
Sálvora.
O método
de extracción foi moi simple e
consistiu en retirar as plantas do areal coas
mans cubertas con luvas e con ou sen axuda
de ferramentas tendo moito coidado de non
deixar ningunha parte da planta na zona de
actuación para evitar posteriores rebrotes. Os restos
vexetais metéronse en sacos e
deixáronse a descompor na mesma illa.
Con
esta campaña
de erradicación de herba do coitelo,
Verdegaia pretende realizar actuacións puntuais que axuden a
mellorar
o estado de conservación dos ecosistemas litorais,
que xeren un debate
social arredor desta e outras especies alóctonas
presentes en Galicia e que incentiven aos propios concellos
e demais administracións a
levar a cabo
medidas de conservación nas dunas, areais, e ecosistemas
costeiros en xeral.
As dúas especies de herba do
coitelo presentes nos areais galegos son de orixe sudafricana,
aparecendo subespontaneamente en zonas de praia ou recubrindo
rochas litorais.
Ao contrario do pensamento habitual de que a herba do coitelo é
unha planta propia de Galicia (xa que a xente a leva vendo nos areais
dende hai moitos anos) e que é moi bonita e inofensiva, esta planta invasora xera
importantísimos danos nos ecosistemas
litorais como a extinción
das especies autóctonas
nas zonas onde se asenta, a homoxeneización
do ecosistema,
o freo
ó tránsito de area polas dunas
onde está presente... co que a súa erradicación
é a única medida posible para manter en bo estado de
conservación os lugares onde aparece.
|