Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2007
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Fiando Verde
Revista Cos Pés na Terra
 
galizanonsevende
bicis
 
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
eco59
nadal2008
Eliminados 5.000 kg de herba do coitelo en Sálvora PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 de Setembro do 2007
salvora03.jpgO pasado fin de semana Verdegaia levou a cabo unha actividade de voluntariado dentro da súa campaña de erradicación de herba do coitelo (Carpobrotus edulis e C. acinaciformis) cunha actuación de erradicación na Illa de Sálvora na que se retiraron máis de 5.000 kg de planta que ocuparon corenta sacos para entullo. A actividade estivo coorganizada co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. 

A actuación de erradicación de herba do coitelo consistiu na extracción manual desta especie dalgunhas zonas da illa: a praia do Castelo e os seus arredores, onde é abundantísima por mor da plantación masiva levada a cabo no lugar durante o século pasado e contou coa presenza de catorce voluntari@s de Verdegaia (oito mulleres e seis homes), tres traballadores do Parque Nacional, o fareiro, e o vixiante do Castelo de Sálvora.

O método de extracción foi moi simple e consistiu en retirar as plantas do areal coas mans cubertas con luvas e con ou sen axuda de ferramentas tendo moito coidado de non deixar ningunha parte da planta na zona de actuación para evitar posteriores rebrotes. Os restos vexetais metéronse en sacos e deixáronse a descompor na mesma illa.

salvora02.jpgCon esta campaña de erradicación de herba do coitelo, Verdegaia pretende realizar actuacións puntuais que axuden a mellorar o estado de conservación dos ecosistemas litorais, que xeren un debate social arredor desta e outras especies alóctonas presentes en Galicia e que incentiven aos propios concellos e demais administracións a levar a cabo medidas de conservación nas dunas, areais, e ecosistemas costeiros en xeral.

As dúas especies de herba do coitelo presentes nos areais galegos son de orixe sudafricana, aparecendo subespontaneamente en zonas de praia ou recubrindo rochas litorais.

Ao contrario do pensamento habitual de que a herba do coitelo é unha planta propia de Galicia (xa que a xente a leva vendo nos areais dende hai moitos anos) e que é moi bonita e inofensiva, esta planta invasora xera importantísimos danos nos ecosistemas litorais como a extinción das especies autóctonas nas zonas onde se asenta, a homoxeneización do ecosistema, o freo ó tránsito de area polas dunas onde está presente... co que a súa erradicación é a única medida posible para manter en bo estado de conservación os lugares onde aparece.

 
Advertisement
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
10 preguntas
4x4
sust_2007
exposicion
Próximos eventos
Exposición sobre a pegada ecolóxica na Facultade de Medicina de Santiago
Decembro 29, 2008 - Xaneiro 16, 2009
En datas recentes
Sesión de curtas sobre consumo en Vigo
Decembro 23, 2008

Ver calendario completo
Sindicación
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top