Verdegaia prosegue coa súa campaña de erradicación de herba do coitelo (Carpobrus edulis e C. acinaciformis) dos areais galegos no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia cunha actuación de erradicación na Illa de Sálvora os vindeiros días 15 e 16 de setembro. A actividade estará coorganizada co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
A
actuación
de erradicación de herba do coitelo consistirá na
extracción
manual desta especie dalgunhas zonas
da illa onde é abundantísima gracias á
plantación masiva levada a cabo no lugar durante o século
pasado e contará coa presenza de quince voluntarios e voluntarias
de Verdegaia.
O método
de extracción será moi simple e
consistirá en retirar as prantas do
areal coas mans cubertas con luvas e sen
axuda de ferramentas tendo moito coidado de non
deixar ningunha parte da pranta na zona de
actuación para evitar posteriores rebrotes. Os restos
vexetais meteranse en sacos erméticos
e deixaranse descompor na mesma illa.
Con
esta campaña
de erradicación de herba do coitelo,
Verdegaia pretende realizar actuacións puntuais que axuden a
mellorar
o estado de conservación dos ecosistemas litorais,
que xeneren un debate
social arredor desta e outras especies alóctonas
presentes en Galicia e que incentiven ós propios concellos
e administracións a
levar a cabo
medidas de conservación nas dunas, areais, e ecosistemas
costeiros en xeral.
As dúas especies de herba do
coitelo presentes nos areais galegos son de orixe sudafricana,
aparecendo subespontaneamente en zonas de praia ou recubrindo
rochas litorais.
Ó
contrario do pensamento habitual de que a herba do coitelo é
unha pranta propia de Galicia (xa que a xente a leva vendo nos areais
dende fai moitos anos) e que é moi bonita e inofensiva, a
herba do coitelo xenera
importantísimos danos nos ecosistemas
litorais como a extinción
das especies autóctonas
nas zonas onde se asenta, a homoxeneización
do ecosistema,
o freo
ó tránsito de area polas dunas
onde está presente,... co que a súa erradicación
é a única medida posible para manter en bo estado de
conservación os lugares onde aparece.
|