Inicio arrow Novas arrow En 2006 superáronse en Santiago valores límite para algúns contaminantes atmosféricos  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
En 2006 superáronse en Santiago valores límite para algúns contaminantes atmosféricos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 de Setembro do 2007

finsa_santiago.jpgVerdegaia-Compostela denuncia que, de acordo cos datos sobre a calidade do aire en Galicia en 2006 divulgados pola Consellería de Medio Ambiente, no municipio de Santiago incúmprese a lexislación sobre calidade do aire. No centro da cidade superouse un valor límite para o dióxido de nitróxeno (NO2), mentres que no contorno da empresa madeireira FINSA excedéronse os valores límite para partículas en suspensión. A deterioración da calidade do aire é un problema ambiental e de saúde pública.

No municipio de Santiago hai tres estacións que controlan a calidade do aire, situándose unha no Ensanche e as outras dúas nas proximidades da fábrica de FINSA, en Formarís. Dos resultados das medicións efectuadas en 2006 conclúese que en Santiago a contaminación atmosférica é un asunto ben máis preocupante do que se adoita supor. Os valores dos contaminantes citados están entre os máis altos de Galicia.

Na estación situada no centro urbano excedeuse o valor límite horario de NO2 para a protección da saúde humana. Nas estacións localizadas no contorno de FINSA superáronse os valores límite para partículas sólidas inferiores a 10 micras (PM10), as máis prexudiciais para a saúde humana. Cómpre salientar que os valores de PM10 só se miden nas estacións próximas a FINSA desde maio de 2006, e que a estación do centro de Santiago só funciona desde o segundo semestre de 2005, a pesar de que os valores límite legais entraron en vigor en 2002.

Está sobradamente demostrado que a contaminación do aire causa problemas serios ao medio ambiente e á saúde humana. Así, e segundo a web da Consellería de Medio Ambiente, numerosos estudos epidemiolóxicos realizados en diversos países amosaron unha relación entre os niveis de PM10 e as doenzas pulmonares e cardíacas.  O NO2 afecta fundamentalmente ao aparello respiratorio, provocando bronquite e neumonía, menor resistencia ás infeccións das vías respiratorias,...

Tráfico e FINSA responsables

O tráfico de automóbiles privados é a principal causa do incumprimento da lexislación sobre calidade do aire na cidade. Por este motivo, e tamén por outros (ruído, ocupación excesiva do espazo público,...) que o converten nun factor importantísimo de deterioración da calidade de vida no casco urbano, é necesario reducir o tráfico, restrinxindo moito máis o uso do coche e potenciando todo o posible os desprazamentos a pé e en bicicleta e o transporte público. Esta é unha tarefa que corresponde sobre todo aos poderes públicos, comezando polo Concello.

Canto á contaminación do aire no contorno de FINSA, é evidente a responsabilidade da empresa madeireira, que polo que se ve non aplicou até hoxe medidas suficientes para diminuír as súas elevadas emisións á atmósfera de partículas sólidas. Neste senso, é fundamental que a Consellería de Medio Ambiente non outorgue a FINSA a autorización ambiental integrada que precisa para proseguir a súa actividade, de acordo coa directiva sobre prevención e control integrado da contaminación, sen antes obrigar á empresa a adoptar as medidas correctoras precisas.

Verdegaia-Compostela participa na campaña "Aire limpo", promovida a nivel estatal por Ecologistas en Acción.

Máis información:

Web Aire Limpo de Ecologistas en Acción

Web sobre calidade do aire en Galicia da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

 
Verdegaia - Compostela
Novas
Coordenadora Comarcal A Coruña
Contacto
+ Info
   Home  Print  @ Contact Top