Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2007
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Fiando Verde
Revista Cos Pés na Terra
 
galizanonsevende
bicis
 
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
ecotv
nadal2008
A construción do Parque Eólico Albariño I estragará unha parte importante da Serra da Groba PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 de Setembro do 2007

parqueeolico_galicia.jpg Verdegaia ven de presentar alegacións á construción deste Parque Eólico situado nos Concellos de Baiona, Gondomar, Oia e Tomiño. A súa construción significaría afeccións a espazos considerados hábitats prioritarios pola UE e un importante impacto faunístico, ademais de afectar a Cova da Moura, ás Mámoas do Arreiro e a distintos grupos de petroglifos.

Entre os espazos afectados atopamos "Breixeiras húmidas atlánticas meridionais de Erica ciliaris e E. tetralix"(cód. 4020) e "Turbeiras ácidas de esfagnos", Hábitats Prioritarios segundo os anexos do Real Decreto 1193/1998; e "Breixeiras secas" ( cód. 4030); "Vexetación casmofítica de pendentes rochosas. Subtipo silícola", (cód. 8220) e "Pastos pioneiros en superficies rochosas" (cód.8230), Hábitats de Interese Comunitario segundo o Anexo I: Tipos de Hábitats Naturais de Interese Comunitario para cuxa conservación é preciso designar zonas especiais de conservación, da Directiva 92/43/CEE.

Así mesmo veríanse afectadas tres charcas estacionais de interese: a Poza Negra, a Poza da Gabiñeira e a Poza do Campo da Lebre. Nestas pozas desenvólvese unha comunidade vexetal de tipo estacional con especies como Callitriche sp., Glyceria sp., etc. Estas charcas estacionais destacan como lugar de reprodución de diversos anfibios, como Triturus boscai ou Bufo calamita, especies que están no Tomo IV: especies catalogadas como "de interese especial" dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

As aves sedentarias e estivais como a Lullula arborea, Saxicola torquata, , Sylvia undata, Prunella modularis, Emberiza cia, Buteo buteo, Falco tinnunculus e Falco subbuteo incluídas no Tomo IV: especies catalogadas como "de interese especial" dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas veríanse tamén afectadas pola construción do Albariño I xunto coas especies invernantes como a Anthus pratensis tamén incluída no Tomo IV: especies catalogadas como "de interese especial" dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

Este parque preténdese construír na serra da Groba, un dos espazos interiores de maior interese ambiental do litoral sur galego. No contexto dos montes meridionais, a serra da Groba destaca pola súa calidade ambiental, unha calidade que se reflicte no feito de que constitúe o hábitat da mellor poboación galega de cabalo de monte, tanto en número de cabezas como en calidade xenética. Tamén é unha interesante área de paso nas migracións de diversas especies de aves, tanto terrestres como acuáticas e conta coa presenza de diferentes especies de animais escasos e a protexer segundo diferentes Directivas Europeas e Catálogaos de Fauna Ameazada e acolle diversos hábitats de interese comunitario, algúns tan importantes como as pradeiras de Nardus stricta, breixeiras húmidas e turbeiras.

 
Advertisement
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
10 preguntas
4x4
trafego
exposicion
Próximos eventos
Exposición sobre a pegada ecolóxica na Facultade de Medicina de Santiago
Decembro 29, 2008 - Xaneiro 16, 2009
En datas recentes
Sesión de curtas sobre consumo en Vigo
Decembro 23, 2008

Ver calendario completo
Sindicación
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top