Inicio arrow Sustentabilidade arrow Verdegaia presenta unha moción municipal sobre recursos hídricos nos principais concellos galegos  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia presenta unha moción municipal sobre recursos hídricos nos principais concellos galegos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 de Xullo do 2007
depuradora.gifCon esta moción, Verdegaia pretende trasladar aos concellos a urxente necesidade de acometer unha mudanza radical na xestión dos recursos hídricos que permita mellorar a calidade ecolóxica das augas litorais e continentais mediante a diminución do consumo e unha axeitada depuración, e a conveniencia de adoptar medidas que impliquen a toda a cidadanía fomentando a co-responsabilidade na procura dunha Nova Cultura da Auga.

En Galicia tamén é preciso aforrar auga, pois iso significa mellorar o estado de conservación dos ecosistemas acuáticos, reducir a contaminación, evitar a construción de máis encoros de abastecemento ou diminuír o gasto enerxético. Ademais, o cambio climático, se non se recortan as emisións de gases de efecto invernadoiro, aumentaría a incidencia das secas en Galicia. Non nos podemos permitir, por exemplo, que as perdas de auga nas redes de distribución de abastecemento público aumentasen entre 1996 e 2003, até suporen perto do 20% de toda a auga distribuída. Ou que o 90% dos cursos fluviais padezan contaminación permanente ou frecuente.

Os espazos urbanos difusos que definen hoxe en día a configuración das nosas cidades agravan expoñencialmente o problema obrigando a estender a rede de sumidoiros e a capacidade de bombeo sobardando amplamente a capacidade de depuración, no caso de contar con Estacións de Depuración de Augas Residuais (EDAR). A Directiva 91/271/CEE de tratamento de augas residuais considera necesario un tratamento secundario das augas residuais urbanas para evitar que a súa evacuación cun tratamento insuficiente teña repercusións negativas no medio ambiente. O 40% dos núcleos de poboación maiores de 2000 habitantes de Galicia carece deste sistema secundario e hai núcleos sen ningun sistema de depuración.

As administracións municipais teñen unha parte da responsabilidade nesta situación mais tamén unha grande capacidade de adoptar medidas que signifiquen a aposta definitiva por unha Nova Cultura da Auga na que a minimización do consumo e a depuración integral sexan os referentes.

Entre outras medidas, Verdegaia propón o establecemento de iniciativas fiscais e de tarificación que fomenten un consumo racional da auga, incentivando o aforro e penalizando o desbaldimento; a separación en orixe das augas residuais industriais e as domésticas; implantación de sistemas descentralizados de depuración e fomento de sistemas de autoxestión de augas, que contemplen tanto a depuración como a reutilización aplicando técnicas de depuración doméstica e aproveitamento de pluviais; aplicación inmediata de políticas de aforro en todos os edificios e actividades municipais e o desenvolvemento dun amplo programa de educación e sensibilización cidadá para que os principios e os preceptos da Nova Cultura da Auga sexan asumidos e interiorizados pola nosa sociedade.

Desarga a moción Desarga a moción
 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top