Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ferrol arrow Roteiro Pico Vello (As Pontes)  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Roteiro Pico Vello (As Pontes) PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 de Xullo do 2007

cartelroteiropicovello.jpgO vindeiro domingo 15 de xullo, varias organizacións, entre elas Verdegaia , organizan un roteiro pola Serra do Forgoselo (As Pontes), arredor do pico Fontardión. O obxectivo é dar a coñecer a importancia desta zona que agora vese ameazada polo proxecto dunha explotación mineira de “andalucita” alén de disfrutar da súa beleza e pasar un día agradábel en contacto coa natureza. A saída será ás 10.00h diante do edificio de correos (Ferrol) con paradas en Caranza, Fene e As Neves. O remate está previsto para ás 18.00h , polo que cómpre levar o xantar. O importe é de 2 euros. Inscripcións até o 13 de xuño no local da SGHN (R/ Mendez Núñez 11) ou nos teléfonos: 981 35 28 20 e 649 774 779

organizan.jpgHai publicada información sobre este proxecto nesta mesma páxina web no apartado de Verdegaia- Ferrol (columna da esquerda). Ademais reproducimos a continuación o extracto do blog da SGHN-Ferrol onde vén explicado todo o proceso:

En setembro de 2003 a Empresa “Picobello Andalucita”, unha compañía anglo-sudafricana, presentou un proxecto inicial de explotación dunha mina de Andalucita no se que coñece como o FONTARDIÓN en Goente (As Pontes) e que foi aprobado un ano despois polo Consello da Xunta. A metade da mina, naquel proxecto inicial, residía dentro do Parque Natural “Fraga do Eume”, a uns 800 metros do Canón do Eume, moi preto do espacio onde se atopa o niño de Bufo real e hábitat de especies tan importantes como a Tartaraña cincenta, a Salamántiga galega e o lobo entre outras especies. O propio Fontardión, unha cume de 665 metros de altura, forma parte do final do cordal da Serra do Forgoselo e serve de corredor ecolóxico entre o Eume e os vales dos ríos Xubia e Castro. Das faldras deste pico nacen varios ríos que polo sur, leste e oeste van a desembocar ao Eume, como é o caso do Sesín, “compañeiro” do Mosteiro de Caaveiro e o Murexoso, que deixa as súas augas no Canón do Eume. Pero ademais, a ladeira norte do Fontardión esconde o nacemento do noso Belelle, que leva auga aínda hoxe ata as casas de parte de Ferrol.

En febreiro de 2005 se somete a información pública o proxecto da mina e co cambio de Goberno se revisa o expediente. En maio de 2006, a empresa Picobello ameaza con abandonar o proxecto de explotación e emprender un proceso legal contra a Xunta, pola demora do expediente, que ficaba na Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Falan un proxecto de ten un presuposto de 21,5 millóns de euros e que di dará emprego a 65 persoas. Alegan que esta demora está a custarlles entre catro a cinco millóns de euros. O seu director explica que a mina “non vai afectar” a hábitats cunha protección especial e que conta a o seu favor con estudios encargados pola empresa á Universidade de Santiago. Recorda que é fundamentalmente unha zona de queirogais, que segundo a súa opinión “non pode verse afectada pola mina”, xa que esta utiliza técnicas puramente físicas e non químicas e non van ser usados explosivos para a extracción do mineral. Conclúe estas sorprendentes declaracións dicindo que a contaminación vai ser visual e sonora, aínda que se compromete a aceptar as medidas correctoras que se dispoñan – “Estamos dispostos a recoller tódalas queirugas, plantiña a plantiña e plantalas noutro sitio e abrir o Museo da Queiruga”. ¡Sen comentarios!.

A finais do 2006, Medio Ambiente emite un informe desfavorable que fai imposible a execución do proxecto e que da paso a outro novo e reformado e que ven a ser a metade do territorio inicialmente previsto, deixando fora o comprendido dentro do Parque Natural. A mina ocuparía agora a ladeira norte do Fontardión, estendéndose nesa dirección e ocupando como zona de cascallos o rego Gallel, afluente do Maciñeira, que a súa vez o é do Eume. Este proxecto, de seguir adiante destruiría unha zona de gran valor ecolóxico, e por suposto afectaría de maneira directa ao nacemento do Belelle. Son moitas as ocasións na nosa Comunidade, nas que zonas cabeceiras de ríos vense afectadas por explotacións ou industrias, o que unido as talas indiscriminadas da vexetación de ribeira veñen a influír negativamente na calidade e caudal das augas.

Comentários
Adicionar novo Busca
wow power leveling  - 9     |123.145.187.xxx |2009-11-05 09:19:55
you can get wow gold and wow power leveling wow power leveling wow gold
menwatches  - menwatches     |120.33.239.xxx |2010-02-09 06:55:16
men watchesis the men's only decorations.women watches are also liked by women.so,
watches sale very well.
Louis Vuitton whatches and
Omega watches are well known as brand of watches.
tiffany  - tiffany     |58.247.134.xxx |2010-03-11 09:15:52
tiffany rings tiffany rings
tiffany engagement rings tiffany engagement rings
tiffany wedding rings tiffany wedding rings tiffany necklace tiffany necklace
tiffany sets tiffany sets
tiffany bracelet tiffany bracelet tiffany pendant tiffany pendant
tiffany earrings tiffany earrings
tiffany accessories tiffany accessories tiffany charms tiffany charms
Abercrombie And Fitch Abercrombie And Fitch
Abercrombie Abercrombie
Abercrombie Clothing Abercrombie Clothing
Abercrombie UK Abercrombie UK
Abercrombie London Abercrombie London
Abercrombie Fitch Abercrombie Fitch
Abercrombie Outlet Abercrombie Outlet
ed hardy ed hardy
Abercrombie And Fitch Abercrombie And Fitch
cell phone club cell phone club
Escrever um comentário
Nome:
E-mail:
 
Website:
Título:
UBBCode:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
 
Por favor coloque o código anti-spam que você lê na imagem.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top