Inicio arrow Novas de Verdegaia-Vigo arrow Remata o primeiro curso de Cogunen@s en Vigo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Remata o primeiro curso de Cogunen@s en Vigo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 de Xuño do 2007
cogunenosmuios3.jpgO día 16 de xuño rematou o I Curso de Educación Ambiental “Cogunenos”, en Vigo. No marco incomparable do muiño de Zamáns, fíxose a entrega de diplomas a todos aqueles nen@s que durante o 2006/2007 asistiron a este curso. Un a un ían subindo a recoller os seus diplomas entre os aplausos dos pais/nais, monitores e demais nen@s alí presentes. Isto foi o broche dunha serie de actividades realizadas desde outubro a xuño, polo núcleo comarcal de Vigo de Verdegaia , que contou co apoio do Concello de Vigo.
 
Con este último acto demos por finalizada unha andaina que comezou alá polo mes de bajdeffotgrup.jpgoutubro, cuxa intención era tentar, o longo destas actividades, acercar os nen@s ó coñecemento do medio no que viven e ó respeto pola natureza, así como ós graves problemas que esta está a sofrer. Coa idea de que a educación ambiental ten un importante papel que xogar no noso presente e futuro, e de que a natureza é un ser vivo o que debemos coidar, porque así nos estaremos a coidar a nós mesmos e a ese futuro, buscamos promover unha aprendizaxe baseada sobre todo na participación, que nos permita comprender e implicarnos naquilo que queremos coñecer.

Dividimos o proxecto en distintas áreas temáticas:
¨ Consumo, reducción, reutilización e reciclaxe: Fixemos actividades que ían desde charlas sobre o consumo responsable, xogos para aprender a reciclar, traballos manuais onde construimos o noso propio material para tódalas actividades, reutilizando materiais usados e, tamén se fixo unha actividade de reciclado de papel.
¨ Contaminación e a importancia da función da vexetación no control dese proceso: Constou de dúas partes, unha actividade de interior onde se falou sobre a contaminación e se explicou a función da vexetación e, unha segunda que consistiu nunha senda botánica onde observamos as árbores e os liques (importantes como medidores de contaminación).
¨ Viveiro: fixemos actividades propias dun viveiro: plantación de sementes, plantación de árbores, labores de limpeza , de rega, etc.
¨ Rede natura e a importancia da conservación dos espacios naturais: Levamos ós nenos a un roteiro explicativo polas Gándaras de Budiño e as ribeiras do Louro, onde poideron aprender sobre a flora e a fauna (ollamos garzas, patos, sapoconchos ,....) e sobre a importancia de evitar a degradación destes lugares.
¨ Augas mariñas: Nesta actividade o que se pretendeu foi explicar as distintas partes da praia e observar a vexetación e a fauna, así como a zona de dunas. Os nen@s aprenderon a delimitar as distintas zonas que podemos ollar nunha praia e o tipo de flora e fauna que poden atopar en cada unha delas. Fíxose un roteiro pola praia da Fontaiña.
¨ Augas continentais, o río e a vexetación de ribeira: Escolleuse a zona de Zamáns, onde se estudou a vexetación de ribeira, realizouse o Proxecto Ríos e, tamén se estudou a importancia dos muiños na cultura galega. Poidemos ollar na zona dous tipos de muiños distintos, de canle e de cubo, dos que se lles explicou todo o proceso da moenda.
 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Roteiros
Xuntanzas
Contacto
A Ría Non se Vende
   Home  Print  @ Contact Top