Inicio arrow Resíduos e contaminación arrow Reciclar non é suficiente  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Reciclar non é suficiente PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 de Xuño do 2007

Tan só en 10 anos (1994-2004), a xeración de residuos urbanos medrou un 45% no Estado español, o que demostra que os planos e modelos de xestión das diferentes administracións son unha mera declaración de intencións, pouco ambiciosa e inadecuada. Un dos aspectos prioritarios, esquecidos desde as administracións, é lograr reducir a produción de residuos. Por iso, Ecologistas en Acción, lanzou a campaña “O mellor residuo é o que non se produce”.

png_basura_residuos.jpgPor que non é suficiente reciclar?

Ecologistas en Acción defende o Modelo de Residuo Cero, onde o residuo creado durante un proceso de produción é unha materia prima (aproveitable noutro proceso) e non algo a eliminar. Coas políticas actuais, un 88,48% dos residuos que se xeran non se aproveitan, dos cais case un 50% son materia orgánica, coa que se podería facer compost (abono).

Calquera obxecto que adquiramos non só se converterá en residuo tarde ou cedo senón que, debido á ineficiencia dos procesos, para a súa elaboración xerarase un volume moito maior de residuos durante a súa extracción, transporte e manipulación que o propio ben, por non falar do problema en termos ecolóxicos, e mesmo económicos, que supón a súa posterior xestión como residuo.

Que podemos facer os cidadáns e as cidadás?

Temos moito que dicir sobre este tema; debemos reclamar melloras para nos achegar a un modelo máis sustentable. Tamén a nivel individual podemos intervir, mudando algúns dos nosos hábitos de consumo.

A confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción elaborou un marcapáxinas, co lema “Así reduces”, que contén 10 consellos para pór en práctica sinxelas medidas coas que reducirmos o lixo nas nosas casas.

Máis información:

Campaña "El mejor residuo es el que no se produce"

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top