Inicio arrow Cogunen@s arrow Remate da actividade do curso en Cogunen@s Compostela  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Remate da actividade do curso en Cogunen@s Compostela PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 13 de June do 2007

pict0044.jpgO sábado 9 de xuño, o grupo de Cogunen@s do NC de Compostela despediu as súas actividades até setembro cun roteiro pola beira do Ulla, no Concello de Vedra, dende o Coto de Ximonde ate a área recreativa de Agro Novo. Neste roteiro tamén participaron as familias dos nenos e nenas, xa que durante o curso non poden participar nas actividades.

 

Ao longo do percorrido visitamos a estación Ictiolóxica de Ximonde onde se está a construir un centro de interpretación do río no muíño e achegámonos logo ao museo da pesca, na Ponte de Sarandón. O roteiro finalizou en Agro Novo, onde demos boa conta de empanadas, queixo, chourizo e pan, para logo rematar cun baño no río.

Este curso, Cogunen@s contou coa participación de 20 nenos e nenas que desenvolveron actividades tanto no ámbito urbano como en espazos naturais perto de Compostela. Coñecimos de primeira man os efectos dos incendios cunha andaina polo Monte Pedroso, realizamos un troquiño de xoguetes dentro do Mecadiño de Troco de Verdegaia celebrado na Praza de Cervantes,  visitamos o Parque do Xesto e percorremos as ribeiras do Sar entre Conxo e o Paxonal, coñecimos tamén a ribeira do río Tambre en Chaián e participamos na celebración do Día do Comercio Xusto a través dun xogo de rol desenvolvido na Praza Roxa en colaboración coa ONGD Amarante, entre outras.

En setembro retomamos de novo as actividades. Se queres saber máis sobre Cogunen@s ou participar nas actividades contacta connosco. Estaremos encantadas de clarexar calquera dúbida.

Vémonos á volta do verán!

+ info

 
Educación Ambiental
Verdegaia e a EA
Cogunen@s
Estudo do Currículo Oculto Antiecolóxico dos libros de texto en Galicia
   Home  Print  @ Contact Top