Inicio arrow Verdegaia - Ourense arrow Xornadas de Voluntariado Forestal  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Xornadas de Voluntariado Forestal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 de Xuño do 2007
Verdegaia, a Esmorga e Semente están a organizar as Xornadas de Voluntariado Forestal en Ourense e como remate destas celebraremos a fin de semana do 9 e 10 de xuño no Albergue de Coles, cun prezo de 25 € (incluída a cea, a durmida, o xantar e o almorzo) as Primeiras Xornadas teórico-prácticas

O programa a desenvolver esta fin de semana será:

Sábado 9 de Xuño. 

-  17:00 horas: quedamos diante da Casa do Concello de Coles, que está na aldea de Vilarchao.

- 17:15 h: chegada ao Albergue.

- 18:00 h: teremos unha mesa de traballo na que participará xente de Naturviva, organización que leva máis de catro anos desenvolvendo voluntariado forestal na comarca da Agolada, Axentes de Seprona, encargados da investigación de lumes, Axentes Forestais e Voluntarios forestais de Ourense.

-21:00 h: Cea

 

Domingo 10 de xuño.

-9:00 h: almorzo

9:30 h: roteiro

14:30 h: xantar

16:00 h: conclusións e despedida.

Sabemos que o voluntariado é unha forma de participación da sociedade e temos claro que nunca pode utilizarse para substituír o traballo profesional nin as obrigas da Administración. Nós entendemos o voluntariado forestal como axuda á prevención dos lumes, para a recuperación e valorización do medio que nos rodea... en fin, para darnos de conta de que non somos alleos ao País no que vivimos.

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top