Inicio arrow Sustentabilidade arrow FADESA e G8, Premios Atila 2007  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
FADESA e G8, Premios Atila 2007 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 de Xuño do 2007

Con motivo da celebración hoxe do Día Mundial do Medio Ambiente, arton835889778.jpgestablecido polas Nacións Unidas en 1972, a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción concedeu o Premio Atila 2007 á inmobiliaria FADESA e ao G8, así como o Premio Cabalo de Atila ao Foro da Industria Nuclear. Os Premios Atila pretenden “distinguir e denunciar a aquelas persoas, entidades ou proxectos que máis teñan destacado pola súa contribución á destrución do medio”.

Milleiros de persoas participaron na escolla dos premiados dirixíndose a Ecologistas en Acción para proporen candidatos.

Premios Atila 2007

FADESA, compañía inmobiliaria española de ámbito internacional. Ten presenza en España, Portugal, Marrocos, Romenia, Hungría, Polonia, Francia, México e Bulgaria. Esta empresa está especializada na construción de grandes complexos hoteleiros e de campos de golf ligados á actividade residencial. Grande parte desta actividade realízase en enclaves de grande beleza paisaxística e con grandes valores ambientais, destruíndo o contorno e creando importantes impactos ambientais. En España, son moitos os proxectos que se encontran denunciados perante os tribunais: Costa Esuri en Ayamonte (Huelva), "Alto del Cuco" (Cantabria), "Atalaya Dorada" (Canarias), "El Molar" (Madrid). Alén diso, colectivos marroquinos denunciaron a intención de FADESA de construír un grande complexo turístico na praia de Saïdia, trasladando o modelo de esquilmación do litoral español a Marrocos.

G8, por non recoñecer a débeda ecolóxica que todos os Estados enriquecidos e as súas empresas multinacionais teñen cos países empobrecidos. Así como por non realizar políticas efectivas para a prohibición do comercio armamentístico, e fomentar o gasto militar. E máis por non promover máis e mellores iniciativas e axudas para mitigar o cambio climático.

Premio Cabalo de Atila

Eduardo González, Presidente do Foro da Industria Nuclear Española, pola “tontería máis destacable”, ao declarar que “As centrais nucleares cumpren un importante papel no desenvolvemento sostible”.

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top