|
A Masa Crítica de Compostela lanza a "Operación Ring Ring" |
|
|
|
|
Martes, 29 de Maio do 2007 |
|
A Masa Crítica de Compostela regala este mércores 30 de maio un timbre a todas as persoas que se acheguen a ela coa súa bicicleta como arranque da iniciativa "A bici vai por barrios", que comezará no barrio das Fontiñas. A Masa Crítica de Compostela é unha "coincidencia organizada" de ciclousuarios/as que realizan un paseo colectivo pola cidade no derradeiro mércores de cada mes.
Coa iniciativa "A bici vai por barrios", preténdese achegar a Masa Crítica aos distintos barrios composteláns, demostrando aos seus veciños e veciñas a viabilidade de se desprazaren neste medio de transporte ecolóxico, saudable, democrático e socializador. A Masa Crítica de Compostela, que Verdegaia apoia, sae no derradeiro mércores de cada mes ás 20.30 h desde a Caseta de Turismo da Praza de Galicia. Trátase dunha acción que se celebra mensualmente en centos de cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedala todos os días, celébrao unha vez ao mes". Máis información: Bicis.info |