|
Seguimos intentando protexer a Fraga de Menáncaro (Ferrol) |
|
|
|
|
Domingo, 20 de Maio do 2007 |
|
Este luns, 21 de maio, ás 12 do mediodía, Verdegaia, Comunidade de Menáncaro, SGHN e ADEGA presentarán nun acto público os recursos de reposición anunciados no seu día contra o acordo plenario do pasado 20 de abril. Pleno no que se aprobou o Plan de Sectorización de Menáncaro- Serantes a pesares dos tres informes negativos da Xunta de Galicia. Este proxecto o que busca é a construcción de 70 chaletes e un hotel, sen que importe a destrucción dunha das últimas fragas de Ferrol.
A semana pasada xa foron presentados escritos ante a Secretaría Xeral da Presidencia, a Dirección Xeral de Urbanismo e a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para que, acolléndose ao disposto na lexislación vixente, actúen en consecuencia co manifestado publicamente e anulen e posteriormente, se é o caso, impugnen o acordo plenario onde se aprobou o Plano de Sectorización de Menáncaro-Serantes Escritos: contenciosocopia.doc A ATENCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA PRESIDENCIAcopia.doc A atención da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambienta copial.doc |